22 de mar. de 2015

A GUARDA

III ENCONTRO ANARQUISTA DO LIBRO 
24, 25 e 26 de abril 


Da Vid / A Guarda

 Un ano máis e con este xa son tres, queremos invitarvos á Feira do Libro Anarquista de A Guarda (Galiza). 

 O encontro desenvolverase entre o 24 e o 26 de abril, na localidade de A Guarda (ao sur da provincia de Pontevedra), entre os espazos da Praza de San Bieito e do Centro Social Fuscalho. Intentaremos que a programación sexa o máis variada posible dentro dos nosos límites, pretendendo cubrir tódolos ámbitos e representalas diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e experiencias de loita, entre outras.  

Salientar que en Galiza non existe este tipo de encontros, e cremos que representan unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal, contribuindo á destrucción das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas, polo que esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio. 

As actividades repartiranse entre o C.S. Fuscalho (fronte á Atalaia) e a Praza de S. Bieito (próxima ao porto). Habilitarase espazo para aloxamento dos asistentes (traede o voso saco ou manta - e mesas para exposición de material antiautoritario. Tódalas comidas servidas nos xantares, ceas e almorzos serán veganas e ademáis haberá unha zona de bebidas e comida a prezos populares durante o desenvolvemento das actividades. Agradeceríase que confirmarades asistencia para unha mellor organización e se precisades aloxamento o número aproximado de persoas que sodes.  

 Existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.  

 Contacto: acarosbaixominho@riseup.net  

 Cando teñamos a programación definitiva xa vola enviaremos para máis información e difusión.  

 Sen mais unha aperta e esperamos contar con todos vos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario