22 de mar. de 2015

TUI

Volve a nosa gran andaina!!  
XII ANDAINA TUDENSE 2015
IN MEMORIAM JOSÉ URCEIRA "PEPIÑO"

Sábado 16 de maio ás 10:00 h.


    Club Andatui Regodapedra / Tui

 O vindeiro 16 de maio ás 10:00 sairemos do Centro Interfederado ó carón do "Pai Miño", o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos.  

 Seguiremos polas parroquias de Randufe, Areas, Pexegueiro e pasando por Malvas ás 12:00, e polo sendeiro do río Furnia, un dos ríos máis limpos de Galicia. Dende alí, subiremos ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.  

 Comeremos ás 14:00 na capela de San Xián para despois baixar por Pazos de Reis, Rebordáns ás 16:00 e pasar polo Casco Histórico de Tui, o segundo en tamaño de Galicia.  

 Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.  

 Indicarvos que os puntos de control marcados antes, son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.  

 O prezo da inscrición é de 13 euros. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.  

FILA O: 

Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.  

 Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor "Grupo Banco Popular" na conta:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806  

 Enviando xustificante do banco co nome e apelidos de cada inscrito o enderezo clubandatui@gmail.com.  

 DATA LÍMITE : 10 DE MAIO.     

 Inscríbete aquí antes do 10 de maio de 2015        

Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500  

HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 08.30h ás 09.30h (Prégase puntualidade) 

PERCORRIDO TOTAL : 25 km  

14km Dende o río Miño ata o monte Aloia. 
11km Dende o Monte Aloia ata o centro interfederado de Tui. 

Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída. ¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control. 

SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto. 


-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:  
· Quilómetro   5: líquido  
· Quilómetro   8: líquido e froita  
· Quilómetro 12: líquido  
· Quilómetro 21: líquido     

DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas. 

ACTIVIDADE DE CLAUSURA:  
· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.  · Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.  
· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.        

 Tódolas/os participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada. * 

 Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia. 

 Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas. 

 Tódolos menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada. 

 Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:  

 · Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.  

 · Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.  

 · Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.          

 IV Concurso Fotográfico 

 Expresa ata en máximo 3 fotos as túas sensacións vividas na andaina.  

 Haberá premios para as tres mellores:  

 1º Trofeo e fin de semana nunha casa rural para dúas perosas.  

 2º e 3º Cea ou comida para dúas persoas.  

 Poderedes participar enviando un email coas fotos adxuntas ó enderezo clubandatui@gmail.com ata o 31 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario