FEAFES Galicia e a Deputación
de Pontevedra clausuran a 4ª edición do Proxecto Practicum
· O Proxecto Practicum fomenta a realización de prácticas
non laborais en empresas por parte de persoas con enfermidade mental.
· No acto,
que terá lugar o luns 23 de febreiro ás 17:00, haberá una mesa redonda na que
intervirán usuarios, empresarios e
profesionais de FEAFES Galicia para explicar as súas experiencias persoais neste
proxecto.
Ana Escrigas Rodríguez / Vigo
A
delegación viguesa da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con
Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES, realiza o vindeiro luns 23 de febreiro a clausura da IV edición do Proxecto
Practicum de formación laboral para persoas deste colectivo.
Ó acto, que terá lugar
ás 17:00 na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Oporto nº3), acudirán
a Deputada do Servizo de Acción Social,
Marta Iglesias; o director de FEAFES Galicia, Antonio Hernández; a
Coordinadora do Servizo de Emprego de FEAFES Galicia, Carina Fernández; e o
persoal técnico da delegación de FEAFES Vigo.
Durante o acto,
realizarase unha mesa redonda na que se falarán das accións desenvolvidas e os
resultados acadados a través do Proxecto Practicum, do mesmo xeito que se presentarán experiencias persoais de
participación neste programa.
Neste senso, contaremos
coas testemuñas de usuarios que realizaron prácticas en empresas ou que
lograron insertarse no mundo laboral a través do Proxecto Practicum, falará
tamén unha empresaria colaboradora no programa, e finalmente intervirá a
técnico do Servizo de Intermediación Laboral de de FEAFES en Vigo para
presentar os resultados obtidos.
Proxecto Practicum
O Proxecto Practicum,
cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, fomenta a realización de prácticas
non laborais en empresas por parte de persoas con enfermidade mental. Grazas a
el, este colectivo pode mellorar as súas competencias laborais, acostumarse a
un entorno de traballo e coñecer de primeira man un posto concreto.
As empresas, pola súa
banda, teñen a posibilidade de ver cómo traballan estas persoas e desfacer os
prexuízos que poida haber á hora de valorar a contratación dunha persoa con
enfermidade mental. Os resultados demostran que cando un empresario coñece de
primeira man o traballo dunha persoa deste colectivo, a súa percepción sobre as
enfermidades mentais cambia a mellor.
Saúde mental e inserción laboral
Segundo o
censo da Consellería de Traballo e Benestar, en Galicia hai máis de 41.500
persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental. De todas elas,
menos do 5% teñen un emprego estable, e case a metade deles asegura ter sufrido
algún tipo de discriminación laboral.
Por ese
motivo, traballar por unha boa inserción laboral deste colectivo e unha
formación axeitada é un tarefa fundamental que pretende impulsar FEAFES Galicia
a través de proxectos coma este. Ó longo do 2014, en Vigo recibiron orientación
laboral un total de 829 persoas (98 máis que o ano anterior), das cales 48
lograron acadar un emprego.
FEAFES Galicia, a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995. A súa misión é representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas que sofren problemas de saúde mental e a dos seus familiares.
O ámbito de actuación de FEAFES Galicia abrangue
todo o territorio autonómico. Actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas
por toda a comunidade galega e 4 delegacións nas 4 provincias, posúe centros e
servizos en 30 localidades e conta cun total de 6.200 socios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario