CONVERXENCIA GALEGA INSISTE NA SÚA PROPOSTA DE CREACIÓN DE UN PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL
Para atender os parados de longa duración residentes no Concello
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” afirma: "(...) No orzamento de 2015 hai 153.370,00€ de remanente, que van ser usados noutras partidas, que teñen un uso máis “discrecional” para o PSOE, que non para o pobo de A Guarda (...)".
Infogauda / A Guarda
A fin de deixar constancia do posicionamento da súa formación política, Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”, Responsable Local de Converxencia Galega ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
NOVA CHAPUZADA NOS PRESUPOSTOS
DO 2015
Despois de
revisa-la partida de Gastos de Persoal dos Orzamentos Municipais 2015, atopamos
de novo unha boa cantidade de erros importantes, que no caso de ser feitos para
unha empresa privada, posiblemente quen o fixo, xa estaría recibindo a carta de
cese, e seguramente cobraría bastante menos do que nos costa a tódolos
guardeses.
En ditos
Presupostos, existen actualmente SETE (7) prazas vacantes, delas CATRO (4) xa
veñen de Orzamentos anteriores os do ano 2012, polo cal estas prazas deberían
estar amortizadas e non figurar nos Presupostos Municipais actuais, pois en
ningún momento foron obxeto de Oferta de Emprego Público. Con máis razón, corresponde
a anulación das mesmas, dado que unha oferta de Emprego Público debe levarse a
cabo nún prazo de TRES (3) ANOS, prazo de tempo que xa está máis que superado.
Estas CATRO
(4) PRAZAS ANTIGAS, totalizan 80.801,00€ que non van a ser gastados nos salarios
desas prazas de traballo, diñeiro que logo, o longo do ano, será desviado a
outros gastos discrecionais do Grupo de Goberno.
As TRES (3)
PRAZAS novas que están vacantes do Cadro de Persoal, producidas durante os anos
anteriores totalizan 72.569,84€, cantidade que engadida a cifra anterior, fai
un total de 153.370,84€.
Dende
Converxencia Galega, levamos toda a lexislatura propoñendo a creación dún PLAN
DE EMPREGO MUNICIPAL, para atender os parados de longa duración residentes no
Concello. O Grupo de Goberno do PSOE, sempre dixo que non existían fondos para
levalo a cabo, e por elo, ca axuda dalgúns comparsas, sempre votaron en contra,
pero como se pode comprobar nas cifras que reflexamos (153.370,84€) existe unha
boa cifra dispoñible e que figura nos Presupostos Municipais, pero que nunca
vas a ser gastados nos salarios desas prazas vacantes e poderían ser de moita
utilidade nestes momentos de apuro.
Pero
calquer idea que non saia dos seus “meolos secos” non se acepta, e así o longo
do ano, a candidata derrotada e “lumbrera económica” ten que someter a pleno
máis de TRINTA (30) MODIFICACIONS DOS PRESUPOSTOS para ir cambiando asignacións
económicas dunhas partidas a outras, sendo unha das partidas que sempre se
modifica a baixa é a do gasto de persoal, porque eles saben que eiquí hai
153.370,00€ de remanente, que van ser usados noutras partidas, que teñen un uso
máis “discrecional” para o PSOE, que non para o pobo de A Guarda.
Dende
Converxencia Galega, consideramos que é necesario facer unha depuración do
cadro de persoal, para que aqueles postos de traballo vacantes con rango de
funcionario, pero que dacordo ca normativa legal (Lei 7/2007) non lles
corresponde, sexan declaradas a extinguir.
Así mesmo,
aquelas prazas de funcionario vacantes por xubilación e outras que sexan
amortizadas e retiradas dos Presupostos Municipais, xa que é evidente que
estáse usando a presencia destas prazas para ter uns fondos económicos de
reserva, ocultos na partida de gastos de persoal, fondos que serán usados en
outros gastos discrecionais do Grupo de Goberno do PSOE.
Reiteramos
que dende Converxencia Galega, seguimos considerando que estes 153.370,84€
poderían e deberían ser usados para financiar un PLAN DE EMPREGO LOCAL, para
eses veciños que levan anos en situación de desemprego, sen prestacións, sen
nada,... Esa é unha das nosas prioridades de goberno.
A Guarda, a 17 de Febreiro do 2.015
Xosé María Martínez Rodríguez
“Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Secretaria
Sra. Tesoreira
Sra. Interventora
Concello de A Guarda

Ningún comentario:
Publicar un comentario