9 de feb. de 2015

DEPORTES

SLÁLOM

ANDREA GONZÁLEZ, DOS TEIXUGOS GAÑA O XXI SLÁLOM INTERNACIONAL DE FRIDÂO 

Andrea González Ucha, gañadora en K 1 feminino
Foto: Rosa fernández Carrera

Informa: Rosa Fernández Carrera

 O pasado domingo celebrouse na localidade portuguesa de Fridaô o XXI Slálom Internacional. O club Deportivo Miño acudiu con algún dos seus deportistas a esta cita habitual. Aínda que a proba non é puntuable para o circuito galego, cada ano Os Teixugos acoden a Fridaô como preparación para a xa inminente Liga de Slálom, tanto nacional como autonómica. Esta é unha proba difícil, pois compítese en categoría única. Todos os Teixugos entraron en finais, excepto Santiago e Adrián, que por un erro na inscrición quedaron fóra. 

 Nas finais, Andrea González Ucha acadou unha merecida primeira posición na categoría K1 feminina, sendo a nosa palista mellor clasificada. Nesa mesma categoría Marina Ruedas, Laura Alonso e Laura Soutelo quedaron en 4ª, 5ª e 6ª posición, respectivamente. 

 En K1 masculino Manuel Ochoa rematou 4º e Brais Castro 7º, mentres que en C1 masculino Brais Castro acadou o 5º posto. 

 Os días 28 de febreiro e 1 de marzo dará comezo o tempada nacional coa 1ª proba do Campionato de España que se celebrará na Seu D´Urgell, en LLeida onde esperamos que Os Teixugos fagan un bo papel na complicadísima Canle Olímpica desta cidade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario