9 de feb. de 2015

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA UN EXEMPLAR DA DOCUMENTACIÓN ENTREGADA NO CONCELLO DE A GUARDA, POLO GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL (G.E.S.) 

Converxencia Galega afirma que "(...) a actividade do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, é o silencio permanente, o obscurantismo e os atrancos a calquer proposta ou solicitude que se presente dende a oposición, asociacións culturais, sociais, consumidores,  de veciños, etc.(...)"
Beatriz Estévez Álvarez, concelleira-portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Beatriz Estévez Álvarez, concelleira-portavoz de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas, unha comunicación na que dí o seguinte:

SOLICITUDE DE DOCUMENTACIÓN
 Tendo coñecemento que por parte do Grupo de Emerxencias Supramuniciapis, foi aportada, en data do 15 de xaneiro do 2.015 e co Rexistro de Entrada nº 283, unha carpeta ao Concello sobre as súas actividades e propostas cara o futuro, e o mesmo tempo, sinalaban que dita documentación fora entregada aos demais grupos municipais con representación municipal, situación que a día de hoxe, alomenos Converxencia Galega non recibiu ningún dos documentos.

 Pola información recibida, sabemos que a carpeta de actividades do G.E.S. a forman:

 Unha Memoria de Actuacions (2013-2014) composta de 11 páxinas, un borrador  dunha proposta de Ordenanza Municipal sobre tarifas de servicios, de 17 páxinas, un modelo de convenio con UNESPA.

 Dado que a actividade do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, é o silencio permanente, o obscurantismo e os atrancos a calquer proposta ou solicitude que se presente dende a oposición, asociacións culturais, sociais, consumidores,  de veciños, etc.

 Despois dos grandes discursos sobre claridade, transparencia, e gobernos de “progreso” atopamos a quenes fan “bos” as anteriores Corporacións, polo “quien te ha visto, y quien te ve” menos mal que queda menos,…

 Por todo isto, solicitamos que se nos faga entrega dun exemplar da carpeta entregada polo G.E.S. en data do 15 de xaneiro do 2.015 e co Rexistro de Entrada nº283

A Guarda, a 06 de febreiro do 2.015

Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega

  
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario