28 de feb. de 2015

DEPORTES

REMO ERGÓMETRO

TRES REMEIROS DO CLUB DE REMO ROBALEIRA, DE A GUARDA, ESTARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE REMO ERGÓMETRO

Eles son Damián Alonso, Nuria Domínguez e Jesús González

Damián Alonso Alonso, amosando unha das medallas logradas nunha das edicións precedentes

Club de Remo Robaleira / A Guarda


 O Club de Remo Robaleira estará presente esta fin de semana, unha vez máis, no Campionato do Mundo de ergómetro que se celebrará o domingo 1 de marzo na cidade estadounidense de Boston. 

Nuria Domínguez Asensio e Jesús González Álvarez

 Participarán tres remeiros do noso clube, Damián Alonso Alonso e os olímpicos Nuria Domínguez Asensio e Jesús González Álvarez. Os tres teñen serias opcións de medalla. 

 Por unha parte Damián proclamouse Subcampión de Europa este ano, no derradeiro Nacional de Ergómetro celebrado na localidade de Amposta. Nuria Domínguez acadou a prata en Seniors Feminino, e o bronce en categoría lixeiros foi para Jesús González, que acadou o récord do mundo para pesos lixeiros de mais de 40 anos, cun fantástico crono de 6:16,20. Con estes resultados o Club de Remo Robaleira e ó Remo galego teñen serias opcions de estar no máis alto do podio neste próximo Campionato do Mundo. 

 Rematada a proba, Nuria e Jesús, deben incorporarse a disciplina da Selección Nacional, que volve a concentra-los en Sevilla do 9 ó 29 de Marzo.

 Dende eiquí, queremos amosarlles o noso apoio e confianza, desexarlles o mellor e animalos para que leven o nome do noso clube e de A Guarda o máis alto do remo mundial.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario