28 de feb. de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

      ¿DESAPARECE O FERRI?           

Na imaxe de arquivo, o ferri boat Santa Rita de Cássia, cando estaba activo - Foto: Infogauda

 Como é de coñecemento de tódolos/as guardeses/as, o servicio de Ferri entre A Guarda e Caminha xa leva ONCE (11) MESES parado, sen comunicación oficial de que acontece, cales son as causas desta longa parada. Todo é silencio administrativo, ainda que de vez en cando, aparece nos medios de comunicación algunha información sobre a “súa pronta posta en funcionamento” e así vai pasando o tempo, sen que nada se concrete.

 O 25 de abril do ano 2.014, varias asociacións guardesas, presentaron un escrito con rexistro de entrada no Concello nº 2.189, solicitaron unha reunión co Sr. Alcalde, para tratar o tema da paralización do servicio do ferri, convocándollo para unha xuntanza o día 29 dese mesmo mes. Deixar claro, que o escrito presentado estaba redactado con toda a educación e respeto que merece a institución que encabeza o Sr. Domínguez Freitas, que debería ser a representación de tódolos veciños.

 A resposta do titular da Alcaldía, emitida con Rexistro de Saída nº 1171, de data do 29 de abril de 2014, dista moito de ser educada e respectuosa con quenes solicitaron a xuntanza, máis ben está chea de soberbia, con frase como: “(...) non sei moi ben porque convídaseme a unha nova reunión (...)”, ou logo continuar con: “(...) excepto cando se trata de xantar, a ninguén lle apetece ser segundo prato (...)”. Debe ser que na súa limitación non entendeu que as asociacións convocantes, previamente se xuntaron para analizar a situación, e dada a gravedade do problema, poñerse de acordo, transmitirlle a súa inquedanza e “intentaban amosar o séu apoio para levar adiante as xestións que se decidira para recuperar de novo o funcionamento do ferri” , pero a PREPOTENCIA e CHULERÍA nunca foi boa conselleira.

 Dende logo, dende Converxencia Galega, consideramos que a persoa que ostenta a máxima autoridade e representación da institución do Concello de A Guarda, debería ser máis educado e respetuoso,  (...) é iso que é mestre (...)”. Logo sae nos medios falando das grandes xestións que está levando a cabo sobre o ferri co Presidente da Cámara de Caminha.

 A día de hoxe, e cando xa vai para case UN (1) ANO destes feitos, ninguén ten coñecemento oficial nin oficioso, nin rumor, nin conversa informal nin nada...¿Cales foron as xestión desenrroladas polo Sr. Freitas a día de hoxe? ¿Qué resultados ten obtido? Polo que nos “cheiramos” diga o que diga, somentes vai dar ¡¡fumo de xaruto!!

 Ninguén en A Guarda sabe nada de nada, pero polas pescudas feitas, hai moitas posibilidades de que o ferri “Santa Rita de Cassia” “atracado en porto” esté “navegando” cara a súa morte funcional e desaparición física, o cal conlevaría que ascendera no escalafón – hit parade - de ser o “mellor a maior” logro do Goberno Municipal do PSOE encabezado polo Sr. Freitas.

A Guarda, a 21 de febreiro do 2.015


Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega 



Na imaxe da esquerda reproducimos a solicitude dunha reunión para o martes 29 de abril de 2014, suscrita por representantes de 10 entidades con representación en A Guarda, e na imaxe da dereita, á resposta dada pola primeira autoridade municipal.
Premer en cadansúa imaxe para poder ler máis doadamente o seu contido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario