7 de feb. de 2015

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CONVOCADO PLENO EXTRAORDINARIO DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS

Terá lugar o mércores día 11 de febreiro, ás 20:30 horas na Casa da Entidade Local Menor de Camposancos



Infogauda / Camposancos


 Por orde do presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, o secretario Fernando Coello Vicente ven de convocar sesión extraordinaria da xunta da referida Entidade Local Menor para o mércores día 11 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Entidade Local Menor de Camposancos (Praza de San Amaro, nº 1 - Camposancos). 

 A devandita convocatoria conta con un único punto na Orde do Día:  Proposta da presidencia do servizo "Recuperación e limpeza de camiños e fontes da parroquia".

 Están convocadas ás seguintes persoas: Rafael Rodríguez Rivero, María Luz Alonso Carrero, Almudena Verde Pérez e María Jesús Martínez Martínez.

 Na proposta da presidencia da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez Martínez afirma: "Tendo en conta a necesidade de manter en funcionamento servizos que se viñan desenvolvendo estes anos, como o de mantemento e limpeza de camiños e fontes da parroquia, de contar con axudas para a contratación de persoal para este servizo que representa ofertas de emprego para persoas do noso entorno así como a realización dunhas tarefas necesarias para o noso pobo, e que dende a Entidade é difícil manter cos recursos dos que dispoñemos". 

  Asemade, Álvarez Martínez tamén di o seguinte: "Tendo en conta a súa vez a Orde de 23 de decembro de 2014, da Consellería de Traballo  e Benestar, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencions para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámeto de colaboura coas entidades locais convocada para o exercicio do ano 2015, propoño ó Pleno da Entidade Local Menor de Camposancos:

1.- Aprobar a posta en funcionamento do servizo "Recuperación e limpeza de camiños e fontes da parroquia", dependendo da concesión ou non, da subvención.

2.- A solicitude a esta convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar, dunha axuda para Seguridade Social e salarios de 4 peóns a media xornada, durante 6 meses, asumindo á Entidade con cárrego o presuposto, como en outras ocasions, as liquidacions correspondentes para a posta en funcionamento do servizo de mantemento e limpeza de camiños e fontes da parroquia".

Ningún comentario:

Publicar un comentario