7 de feb. de 2015

A GUARDA

Charla informativa sobre alérxenos no Centro Cultural e Social

Destinada á Hostalaría, terá lugar o día 23 de febreiro, de 16:00 á 19:00 horas

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda organiza unha charla informativa destinada, principalmente, ao sector da hostalaría, sobre alérxenos alimentarios.

 O obxectivo principal desta charla é adquirir coñecementos sobre a problemática relacionada coa presencia de alérxenos nos alimentos como contaminantes dos mesmos: riscos, prevención e nova normativa alimentaria.  

 A actividade terá lugar no Centro Cultural e Social de A Guarda (Rúa Rosalía de Castro, nº 14), o luns día 23 de febreiro de 16:00 a 19:00 horas.

 Tódalas persoas interesadas terán que inscribirse previamente no Concello no departamento de Información Xuvenil ou chamando ao 986 614 546.

Ningún comentario:

Publicar un comentario