8 de feb. de 2015

A GUARDA

A ASOCIACIÓN DE CONSUMIDORES "ALDRAMAN" SOLICITA Á CONVOCATORIA DA MESA DE COMERCIO 

Para tratar, entre outros asuntos, sobor da paralización continuada do ferry desde fai dez meses

Celso Rodríguez Fariñas

Infogauda / A Guarda

 O presidente da Asociación de Consumidores "Aldraman", Celso Rodríguez Fariñas, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:


Asociación de Consumidores “ALDRAMAN”
Rúa Manuel Lomba, 7 - baixo
36780 A Guarda


 Por medio deste escrito, vimos a solicitar que se convoque a Mesa de Comercio  para tratar entre outros os seguintes puntos:

 Estado do procedemento sobre solicitude na convocatoria (IN223A), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos.

 Estado do procedemento sobre solicitude na convocatoria (TU900A) da subvención da Xunta de Galicia para os Concellos declarados Municipios Turísticos, para a contratación de persoal nas Oficinas de Turismo.

 Estado do procedemento sobre solicitude na convocatoria (CT211B) da subvención da Xunta de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais usados na realización de actividades culturais.       

 Estado do procedemento sobre solicitude na convocatoria (TR351F) da subvención da Xunta de Galicia para a contratación temporal polas entidades locais de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA.

 Estado do procedemento sobre solicitude na convocatoria (TR351A) da subvención da Xunta de Galicia para Entidades Locais que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interés xeral e social.

 Información Oficial dos responsables do Concello sobre a situación actual do Ferri, reinicio de actividades, futuro, etc., despois de DEZ (10) MESES de parada continuada.

 Informe da Mesa Local de Comercio, sobre o proxecto de dinamización comercial obxecto de solicitude de concesión de subvención, de conformidade co disposto no artigo 3b) do Decreto 183/2011, do 15 de Setembro, polo que se regulan as Mesas Locais de Comercio.

A Guarda, a 06 de Febreiro de 2.015


Celso R. Fariñas
   Presidente

  
Sr. Alcalde-Presidente
Mesa de Comercio
A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario