AXUDA CO TEU LITRO DE LEITE
Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño
A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño, vai por en marcha unha campaña destinada a recoller leite para as familias que atende.
Dende o día 11 ata o 17 de novembro, pediráselle aos nenos e nenas dos colexios de Tui ou Tomiño, que colaboren co seu litro.
Das 311 persoas que se atenden nesta Asociación, 114 son nenos e nenas menores de dezaseis anos.
Todos sabemos que é unha época fundamental no crecemento, no que se necesitan unha alimentación axeitada para crecer correctamente.
Un litro de leite non é moito... pero se os xuntamos todos, podemos conseguir que outros nenos e nenas non pasen sen el.
No suposto de que se dean 8 litros por persoa ao mes, faría falta dispoñer de 2.400 litros de leite cada mes. Esta é a razón para pedir a solidaridade dos escolares.
Axúdanos e trae ao cole o teu litro de leite.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario