10 de nov. de 2014

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

O PODER DA BANCA

 Cada pouco escoitamos esta frase nos diversos medios de comunicación con todo tipo de interpretación, pero o que aconteceu fai poucos días no noso pobo, é unha demostración daqueles que o dín como agran forza do diñeiro e o silencio de quenes deberían defender os bens públicos e non deixarse asoballar polo capital, como é o caso das nosas autoridades. (algo parecido sucedeu cando se aprobou mocións para retirar os cartos públicos dalgunha entidade bancaria e logo despois de grandes discursos e “arengas panfletarias” do noso rexidor, todo quedou en “fumo de xaruto”.

___________________________________
Na secuencia fotográfica pódese observar como a plena luz do día, dous operarios "anulan" o panel adicado a D. Pacífico Rodríguez, pondo enriba á imaxe corporativa dunha entidade bancaria que ven de trasladar súa sucursal para ese lugar, na confluencia das rúas Concepción Arenal e Pacífico Rodríguez - Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

_________________

 Dende Converxencia Galega, consideramos que unha imaxe vale máis que mil palabras, e “quenes mandan no noso pobo, que non o gobernan” non poden alegar que non sabían do “conto” pois estiveron nos actos da inauguración das oficinas de dita entidade, e salvo o que os “efluvios albariñenses” non deixaran ver a luz, alí estaban en “paz e camaradería” sin facer referencia a reposición dunha lámina adicada a quen foi coñecido co o “médico dos pobres” e pola súa entrega a posta en marcha e expandir a Sociedade Pro-Monte”, así desta maneira, D. Pacífico Rodríguez Rodríguez, se convertiu nunha placa alusiva a unha entidade bancaria.

Converxencia Galega, quer por unha banda, dar as gracias a aqueles/as veciños/as que nos aportan testimuñas gráficas do acontecer diario no noso pobo, donde cada día máis se nota a deixadez e abandono que estamos sufrindo nas máns de quenes teñen que velar e defender os bens públicos, pero o mesmo tempo, sumar esforzos para que A Guarda camiñe con pé seguro cara o futuro, dando máis seguridade e alternativas os/as guardeses/as. 

A Guarda, a 10 de novembro do 2.014     

Xosé María Martínez Rodríguez  
Responsable Local de Converxencia Galega        

Sr. Alcalde-Presidente 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario