A CANTAUTORA MARÍA JOSÉ BAZ PARTICIPOU ESTE VENRES NUNHA HOMENAXE A EMILIA GORÍN "LILITA"
Infogauda / Vigo
A cantautora María José Baz Martínez, de A Guarda, actuou este venres 3 de outubro, ás 21:30 horas, no Hotel Coia, de Vigo, nunha homenaxe que a Asociación Protectora de Animais e Plantas de Vigo lle tributou a Emilia Gorín ("Lilita" como agarimosamente lle chaman), persoa que leva moitos anos traballando para a asociación.
Falou Amparo Roger, presidenta do centro, e deseguido María José Baz ofreceu un pequeno recital de seu repertorio musical.
O acto rematou con unha cea a cal asistiron asociados, simpatizantes e colabouradores da protectora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario