4 de out. de 2014

CHAÍN (GONDOMAR)

PRESENTACIÓN DO LIBRO HOMENAXE A JAVIER ALONSO SALGUEIRO E DESCUBRIMENTO DE PLACA CONMEMORATIVA

Será este domingo 5 de outubro ás 12 horas

Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar

 No marco da homenaxe veciñal organizada na parroquia de Chaín á memoria do seu veciño Javier Alonso Salgueiro, este domingo 5 de outubro ás 12 horas terá lugar a presentación do libro Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira.(IEM, 2014) e o descubrimento dunha placa conmemorativa. O acto contará coa presenza de familiares e amigos e as intervencións de Javier Alonso Carrera (fillo de Javier), Carlos Méixome Quinteiro (director do IEM), Purificación Martínez (comisión organizadora) e Fernando Guitián Guitián, alcalde de Gondomar. 

Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira percorre a vida deste destacado veciño impulsor do asociacionismo veciñal, sindicalista e militante político, así como destacado concelleiro en Gondomar a través de tres plataformas veciñais que el organizou. Nas súas páxinas diversos colectivos e persoas vencellados a súa vida reflicten as súas memorias. Completa a obra unha biografía de Alonso Salgueiro, autoría de Carlos Méixome. 

 A xornada rematará co descubrimento dunha placa conmemorativa do 25 cabodano do seu tráxico falecemento nun accidente laboral. Acompañará o acto o Grupo de Gaitas local.  

 A comisión organizadora convida á veciñanza da bisbarra a participar  dos actos públicos e abertos programados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario