OS EMIGRANTES RETORNADOS DESAMPARADOS POLO GOVERNO MUNICIPAL DE TUI E OUTRAS AUTORIDADES
Membros da Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño concentráronse onde diante da Axencia Tributaria, na Praza de San Fernando (Tui)
Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño
O pasado xoves día dous de outubro, a Plataforma de Emigrantes Retornados do Baixo Miño, convocou públicamente unha concentración diante da Axencia Tributaria de Tui, sita na Praza de San Fernando para manifestar que:
Non se vai consentir que se lle dea unha solución sinxelamente cosmética ao noso contencioso coa Axencia Tributaria por atopármonos nas vésperas dun ano de importantes envites electorais, e, que pola contra adopten medidas eficaces para que a tributación das nosas pensións sexa xusta e igualitaria.
Porén congratulámonos de que por fin se saiba que os verdadeiros defraudadores non somos os e as pensionistas retornados. Pero iso non é suficiente, por iso defendemos as propostas trasladadas para que no ámbito da reforma fiscal se adopten decisións para resolver de verdade a nosa problemática.
Así mesmo non renunciaremos a que se modifique a Lei 35/2006 para que as pensións das persoas retornadas tributen igual que o resto dos galegos e galegas.
Ao mesmo tempo que a plataforma estaba manifestando todo isto,na Praza de San Fernando, nesa mesma praza, coincidindo coa reivindicación xusta dos retornados, o Goberno Municipal de Tui xunto con outras autoridades, accedía a un acto que se ía celebrar na Catedral, e, ningún dos membros do Governo municipal tivo a sensibilidade de achegarse ao colectivo de emigrantes que estaban solicitando o apoio de toda a sociedade mediante recollida de sinaturas.
Pola contra a Plataforma de retornados quere agradecer todo o apoio e colaboración que están recibindo da veciñanza do Baixo Miño que están a colaborar coa recollida de sinaturas. E aos membros dos grupos políticos da oposición, que na medida das súas posibilidades acoden ás nosas xustas reivindicacións e presentas inciativas municipais, parlamentares etc, solicitando e apoiando a modificación da Lei 35/2006 que tacha aos retornados de defraudadores.
(R.)


Ningún comentario:
Publicar un comentario