O galego deixa de ser a lingua habitual da maioría da poboación
Compostela -na imaxe, unha rúa da cidade- é a urbe con maior proporcion de galegofalantes © Turismo de Santiago
O galego perde outra batalla.Durante anos, a mala evolución no uso, implantación e prestixio social da lingua galega era compensada, cando menos en parte, polo feito de que seguía a ser a lingua habitual da maioría da poboación do país, segundo diversos indicadores. Esta realidade comeza a mudar ou, cando menos, iso é o que revela o estudo máis recente ao respecto: os datos que emanan do censo de poboación e vivendas do INE e que o Instituto Galego de Estatística vén de debullar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario