O Verbo dos Arxinas en Baiona: xerga gremial a desaparecer
ANXO RODRÍGUEZ LEMOS
Debaixo do monumento da Virxe da Roca, no monte de San Roque ou Sansón, estaba unha das moitas canteiras coas que contou o concello de Baiona. Alí na Fonte Cristalina traballaron arreo moitos veciños que co seu suor, arriaron daqueles outeiros milleiros de carros de pedra empregada para facer casas, canizos (hórreos), cubertos, cortes, capelas, igrexas ou cruceiros.
As pedras parecían falar tras ser esculpidas a xeito de escudos, imaxes ou cruceiros, emprazados estes últimos nas encrucilladas da nosa comarca, tendo como finalidade a de escorrentar deste mundo dos vivos as almas dos defuntos que vagaban polos camiños ata tres anos despois da morte, segundo a tradición. Se as pedras falaban, os canteiros tamén o tiñan que facer, pero nun idioma descoñecido para o resto dos non agremiados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario