17 de out. de 2014

A GUARDA

“QUERES TRABALLAR? AXUDÁMOSCHE!!”


Taller de Habilidades e Competencias para o Emprego

Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

A Asociación Érguete Baixo Miño convoca un taller denominado “Queres Traballar? Axudámosche!!” para mellorar a empregabilidade e a inserción de persoas desempregadas e/ou que teñan dificultades de integración no mercado de traballo.
Ten como obxectivo aumentar a cualificación profesional para facilitar e conseguir a inserción laboral utilizando unha metodoloxía individualizada. O programa está organizado en catro módulos e os participantes poderán participar naquel que máis lles interese, aínda que se da prioridade ás persoas que se inscriban no taller completo.
I.- PLAN DE BUSCA E CURRÍCULUM VITAE
Días 5, 7 e 10 de novembro de 9 a 14 h.
II.- ENTREVISTA E COMPETENCIAS
Días 12, 14, 17 e 19 de novembro de 9 a 14 h.
III.- COMO BUSCAR EMPREGO EN INTERNET
Días 21, 24 e 26 de novembro de 16 a 21 h.
IV.- AUTOEMPREGO E FORMACIÓN
Días 28 de novembro e 1 de decembro de 9 a 14 h.
A duración total do obradoiro é de 60 horas.
As prazas para participar son limitadas baixo rigorosa orde de chegada.
O prazo de inscrición remata o luns 27 de outubro.
Para formalizar a inscrición é preciso cubrir o formulario que se atopa en www.erguete.org e remitilo xunto co Currículum Vitae a emprego@erguete.org.
Esta actividade está organizada pola Asociación Érguete Baixo Miño que conta coa axuda da Deputación de Pontevedra e coa colaboración do Grupo San Benito e o Concello de A Guarda.
Para máis información e inscricións contacta coa Asociación Érguete Baixo Miño situada na r/Colón, 20 (Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no seguinte enderezo electrónico: 
emprego@erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario