1 de set. de 2014

VAL MIÑOR

Xeiras do IEM: unha viaxe pola arquitectura de Bar Bóo en Gondomar

Praza de Abastos de Gondomar (Bar Bóo, 1964-60)

O vindeiro mércores 3 de setembro terá lugar a derradeira Xeira do IEM do verán 2014. A mesma leva por título "A arquitectura de Bar Bóo en Gondomar" e contará coa guía dos arquitectos Antonio Soliño e Rosa Mouriño. O punto de encontro será ás 19:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira nº10, baixo, Gondomar. A andaina non require inscrición previa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario