1 de set. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

TRIBUNA ABERTA

O XEITO PREFERENTE DE XESTIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALIZA

Na imaxe, un grupo de afectados polas preferentes e subordinados do Baixo Miño, na concentración de onte en Soutomaior - Foto: Yoli Ví


Emigrantes retornados concentrados nos accesos o Castelo de Soutomaior - Foto Yoli Ví

Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño


  O pasado domingo 31 de agosto, os afectados polas preferentes xunto cos emigrantes retornados do País, achegáronse ás inmediacións do Castelo de Soutomaior coa intención de dar traslado de xeito directo da súa problemática ante as numerosas negativas do presidente da xunta a reunirse cos afectados.  

  Unha vez chegados alí, coma xa ven sendo habitual, foron apartados até con 3 km de distancia de xeito discriminatorio, por un número desmesurado de forzas da orde que seguían as instruccións directas do Partido Popular, chegando a cortar incluso aos veciños un paso público que conducía aos arredores do Castelo, deixando o paso libre somente aos convidados do P.P. Distanciamento que serve coma exemplo da conducta real  entre o  goberno e os colectivos alí presentes.  

  Porén, unha vez enterados das verbas do Presidente da Xunta, a traverso dos medios de comunicación, os afectados concordan en que claramente o exemplo de xestión do Presidente da Xunta ante a problemática das preferentes é o exemplo a seguir do Partido Popular, pois, despois de tres anos o señor Feijóo aínda non se reuniu coa Cordinadora Galega de Plataformas, regalou a entidade bancaria que estafou a milleiros de galegos, e que na actualidade está obtendo beneficios grazas aos nosos aforros que aínda non foron devoltos ao 100% dos estafados, están tratanto aos preferentistas coma  delicuentes, con máis de 18.000€ en sancións impostas a persoas enfermas, inválidas, anciáns, etc.,  enganaron aos estafados en campaña electoral por un puñado de votos prometendo a devolución íntegra do aforro galego. Todo isto, toda a realidade acontecida durante estes últimos tres anos, é o exemplo de xestión do Partido Popular ante o problema da estafa das preferentes, que, se se conseguíu unha apertura dunha arbitraxe, por certo, caciquil, ou se se está a conseguir que a xustiza estea a dar a razón aos estafados, foi grazas a loita pacífica incansábel e exemplar do colectivo de preferentistas de Galiza, sendo seguido, o exemplo desta loita en países extranxeiros coma na Suíza na cal hai meses que se emitíu un documental sobre a Plataforma do Baixo Miño xunto cas restantes do País.
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario