A chegada da proba
ciclista á provincia coincide nas primeiras xornadas da volta ao cole
LOUZÁN CHAMA Á “SENSIBILIDADE”
DOS COLEXIOS DA PROVINCIA PARA QUE OS ESCOLARES POIDAN SEGUIR A VOLTA A ESPAÑA
·
Catro espectáculos musicais animarán a xornada anterior á saída de cada
etapa e porán o broche final do percorrido nos concellos que son meta
·
Louzán situou a Francia, Bélxica e Holanda como foco de interese para a
atracción de turismo internacional ás Rías Baixas
·
Deputación e Turismo de Galicia promocionan Galicia en todas as estacións
de metro de Madrid
Infogauda / Pontevedra
A
seis días de que a Volta Ciclista a España chegue á provincia de Pontevedra,
Rafael Louzán agarda que sexa numeroso o público que, como nos dous anos
anteriores, siga a proba en directo ao longo de todo o percorrido.
Por
iso, e dado que nesta ocasión a proba ciclista entra en Pontevedra ao día
seguinte do inicio do curso nos colexios da provincia, Louzán fixo un
chamamento para que, nos máis de 30 concellos polos que pasa o pelotón, “os
colexios teñan toda a sensibilidade para que os cativos que estou seguro de que
desexarán participar e estar nos puntos de saída e chegada” poidan facelo.
Fixo
na rolda de prensa de presentación dos espectáculos musicais e actividades que
a Deputación e os concellos que son saída ou meta das 2 etapas pontevedresas
porán en marcha na semana vindeira para que a Volta a España sexa, novamente,
moito máis que un evento deportivo e se converta nun verdadeiro evento social.
Así,
a Deputación ten programados catro concertos que se desenvolverán entre o 10 e
o 12 de setembro.
Actividades na rúa e Orquestra
Panorama en A Estrada
O
primeiro deles terá lugar o mércores 10 de setembro ás 22,00 horas en A Estrada,
onde a actuación da Orquestra Panorama
no campo da Feira servirá de anticipo á saída da 18ª etapa da Volta, desde a
Praza de Galicia ás 12,00 h.
Ademais,
o concello está traballando coas asociacións de comerciantes nun programa de
actividades na rúa, que se desenvolverá no núcleo urbano do concello durante a
tarde do mércores.
Neste
sentido, o rexedor local, José López Campos, subliñou que o feito de que a
Volta a España saia por primeira vez na historia de A Estrada é “unha
verdadeira homenaxe” a un concello cunha gran tradición ciclista, que se
personifica no Club Ciclista Estradense e en Bike Estrada, e en ciclistas de
éxito como Álex Marque, gañador o pasado ano da Volta a Portugal, ou en Óscar
González, campión de España sub-23 contrarreloxio.
París de Noia, broche final en
Meis
Meis
será o segundo principal centro de atención do paso da ronda ciclista pola
provincia, dado que a 18ª etapa terá o seu final no Monte Castrove, fronte ao
Campo de Golf e con “magníficas vistas” da ría.
Esta
chegada está prevista en torno ás 17,30 horas, pero tal e como lembrou o
presidente da Deputación, Rafael Louzán, non será o único paso do pelotón polo
Castrove “onde haberá un dobre percorrido”.
Así,
o trazado deseñado para esta etapa prevé que ás 16,05 horas cheguen os
ciclistas a Sanxenxo, de aí dirixiranse a Combarro (16,20 h), Poio (16,30 h.),
Pontevedra (16,32 h.) Poio novamente (16,41), subida á Escusa (16,46) ata o
Alto do Monte Castrove (16,55 h) e, desde aí, dirixirase a O Busto (Meis), Samieira; e novamente Combarro; San
Xoan de Poio; A Escusa e meta no Monte Castrove .
Será,
pois “unha dobre oportunidade de ver “ a “volta co mellor palmarés da
historia”, segundo afirmou Louzán.
Como
broche final desta etapa en Meis, a orquestra París de Noia ofrecerá un
concerto no Campo da Feira de Mosteiro, o xoves 11 ás 22,00 horas.
Panorama e Promoción dos viños
do Condado
Pola súa banda, o concello
de Salvaterra ve neste evento deportivo unha oportunidade única para “darse a
coñecer no mundo” e para promocionar os viños do Condado. Así o asegurou o
rexedor local, Arturo Grandal, para quen os efectos desta proba ciclista xa se
están notando na vila.
Neste sentido, asegurou
que a Festa do Viño do Condado tivo “o dobre ou o triplo de visitantes que os
anos anteriores”. Para fondar neste obxectivo de promoción, o concello repartiu
máis de 30.000 folletos informativos para animar á poboación a seguir a Volta e
instalou grupos de barrís con carteis promocionais dos viños do Condado nos
puntos estratéxicos de paso do pelotón e de saída da 19ª etapa da proba.
Unha saída que terá lugar
desde a Praza do Concello ás 11,30 horas do venres 12 de setembro e que estará
precedida dunha actuación da orquestra Panorama
no recinto do Castelo, ás 23,00 horas do día 11.
Gastronomía, deporte e lecer en Cangas
O Morrazo será o punto
final da estadía do pelotón da Volta en Pontevedra e aí sitúase outro dos
puntos que o presidente da Deputación considera “estratéxicos” para ver o
“mellor espectáculo ciclista”. Trátase da subida a Domaio, con varios
quilómetros de ascenso, que Louzán cualificou como de “dureza extrema” pero que
é dun “gran atractivo” para os afeccionados ao ciclismo.
Así mesmo, a deputada
Begoña Estévez e o alcalde de Cangas subliñaron que a Volta a España enlaza en
Cangas as recén concluídas Festas do Cristo coa Festa do Percebe, que se inicia
o mesmo día 12, polo que o evento permitirá tamén dar a coñecer un dos produtos
do mar de Cangas.
Nesta liña, o rexedor
local, José Enrique Sotelo, destacou o remate da etapa “nun lugar emblemático
que forma parte da historia de Cangas” como é a Alameda Vella e subliñou que se
aproveitará a coincidencia do final de etapa co comezo da Festa do percebe para
facer entrega ao gañador da etapa dun quilo deste produto.
O broche final, tel e
como anunciou Begoña Estévez, será o concerto de Carlos Jean, previsto para as
22,30 horas na explanada de Ojea.
Atraer turismo nacional e internacional
Tanto os rexedores locais
como o presidente da Deputación e a deputada Begoña Estévez subliñaron o “gran
escaparate” que ofrece a Volta a España para a promoción turística das Rías
Baixas e a oportunidade que representa para prolongar a tempada estival durante
o mes de setembro.
Neste sentido, a maiores
do valor que en si mesmas supoñen as imaxes que se retransmitirán a preto de
180 países do mundo, Louzán subliñou o esforzo de promoción que se está a facer
tanto en todo o percorrido da Volta (cun equipo de Turismo Rías Baixas que
organiza diferentes actividades en todas as cidades que son saída ou meta de
cada etapa e que inclúe o reparto de 15.000 bumeráns, 15.000 imáns e 25.000
pulseiras das Rías Baixas) como en cooperación con Turismo de Galicia.
Así, en todas as
estacións de metro de Madrid se está a desenvolver unha campaña orientada a
atraer a Galicia aos que habitualmente seguían o final da Volta na capital de
España.
No que respecta á
difusión dos atractivos do interior e da costa da provincia, Louzán incidiu en
que os minutos de imaxes en TV que se conseguen con este evento deportivo
“supón unha campaña de promoción que non poderiamos pagar” e situou como
público obxectivo a países como Francia, Bélxica ou Holanda, pola súa afección
ao deporte e pola súa proximidade a Galicia.
Trátase, concluíu, de que
“o esforzo que se realiza por parte das administracións públicas sexa
recompensado con retornos importantes nun dos piares da nosa economía, como é o
sector servizos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario