OS VOSOS VÍDEOS
Alex Vázquez Palacios
CC Marcos Valcárcel
Deputación de Ourense
"…como o aire se pinta a si mesmo", unha mostra de Alex Vázquez Palacios que foi inaugurada o día 4 de setembro de 2014 no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.
A mostra recolle os últimos cinco anos de traballo de Álex Vázquez, na que se pode apreciar a evolución dende unha figuración e unha aplicación máis tranquila da cor a unha última fase na que predomina o movemento como elemento fundamental da súa obra. Os cadros baséanse en paisaxes galegos e portugueses de lugares como Pontevedra, Oporto, Lisboa, O Ribeiro, Meaño, Pazos de Arenteiro ou Monteferro. “Para elo -explica o artista- teño como caderno de notas uns apuntes, fotografías e mesmo a memoria. Son os que me axudan a estruturar os esbozos, e logo as emocións comezan a darlle forma e cor a cada obra”.
Cunha ampla traxectoria expositiva en galerías e centros culturais de España, os cadros de Álex Vázquez son tamén coñecidos no ámbito europeo, sendo as súas coleccións expostas en países como Portugal, Alemaña ou Bélxica. Asemade, é coautor de numerosos proxectos editoriais, participando no seu deseño, desenvolvemento e ilustración en colaboración con destacadas figuras literarias como Carlos Casares, Francisco Fernández del Riego, Francisco Fernández Naval ou Xavier Alcalá.
Exposición: 4 de setembro ao 26 de outubro do 2014
Vídeo: Salomé Caamaño Cives
Ningún comentario:
Publicar un comentario