A BANDA XUVENIL DO ROSAL PARTICIPA NO PROXECTO "CONVIVENCIA DE MÚSICA E PATRIMONIO"
ACTUARÁ O DOMINGO 28 DE SETEMBRO NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Agrupación Musical do Rosal
No pasado mes de maio o grupo informal "Mocidade Cabaqueira" formado por cinco mozos/as do Concello do Rosal decidiron presentar, o abeiro das axudas enmarcadas dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, un proxecto que se desarrollaría na zona da Ría de Arousa, que denominaron "Convivencia de música e patrimonio".
No mes de agosto recibiron a notificación de que a axuda lles foi concedida, polo que o último fin de semana de setembro, concretamente os días 26, 27 e 28 desprazaranse ata Cambados un grupo de preto de 55 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, todos eles compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal para realizar diversas actividades.
Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas para coñecer o espazo natural, rutas en kaiak, visitas a museos e outros centros de interese da Ría de Arousa, con actividades musicais consistentes en ensaios e na realización dun concerto que será ofrecido a toda a pobación de Vilagarcía de Arousa de xeito gratuíto. O concerto terá lugar o domingo 28 de setembro ás 12,30 h. no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Esta actividade permitiralles compaxinar a súa afección pola música co coñecemento dunha realidade moi diferente da que lles é cotiá, o que deberá contribuir a reforzar súa formación integral como individuos, e tamén a unha sensibilización coa natureza e o patrimonio que redundará nunha meirande capacidade na maduración como músicos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario