A
parroquia de Chaín lembra a memoria de Javier Alonso Salgueiro
Javier Alonso Salgueiro, "O Mozo da Bandeira"
Instituto de Estudos Miñoranos / Gondomar
Homenaxe
veciñal á memoria de Javier Alonso Salgueiro: “Sito”, “O
Roxo de Regodagua”, “O Rubio de Barreras”, “O Mozo da Bandeira”, calquera destes
alcumes en refiren á mesma persoa, Javier Alonso Salgueiro, Fillo predilecto de
Gondomar. Sindicalista e militante político, foi destacado concelleiro en
Gondomar a través de tres plataformas veciñais que el organizou. Impulsor do
asociacionismo na súa parroquia e loitador social infatigable quere a súa
memoria ser lembrada polos veciños da parroquia de Chaín (Gondomar) no 25
cabodano do seu tráxico falecemento.
Do sábado 27 de setembro ao domingo 5 de outubro o Centro Cultural de
Chaín albergará unha exposición - homenaxe, durante a cal desenvolveranse
diversas actividades culturais.
Inauguración
A xornada inaugural da exposición-homenaxe será este sábado 27 de
setembro. Tendo inicio ás 20 horas cunha
mesa redonda sobre a figura de Javier Alonso. A continuación actuará a Coral do
Centro Cultural A Merced de Chaín, para finalmente dar por oficialmente
inaugurada a mostra, composta por carteis informativos sobre a vida e obra de
Javier Alonso Salgueiro. Mostra que estará aberta ao público durante toda a
quincena , en horario de 19 a 21 horas.
Presentación do libro
O domingo 5 de outubro ás 12 horas, se presentará o libro Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira.
Obra que afonda na súa vida, coordinada por Carlos Méixome, editada polo
Instituto de Estudos Miñoranos e financiada polo Concello de Gondomar e a
Deputación de Pontevedra. No acto participarán distintas persoas que no seu día
estiveron relacionadas co homenaxeado. A xornada rematará co descubrimento
dunha placa conmemorativa na súa memoria e actuación do Grupo de Gaitas.
A comisión organizadora convida á veciñanza da bisbarra a
participar dos actos públicos e abertos
programados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario