24 de set. de 2014

A GUARDA

O BNG DI NON AO "CANON BIBLIOTECARIO" NA GUARDA  


“O pago do canon non fará máis que empeorar a situación das bibliotecas galegas, tamén a da Guarda”  

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción en contra do canon bibliotecario que pretende levar o Goberno español do PP e que obriga ao pago polo empréstito a arquivos, museos e bibliotecas. 

 O BNG considera que esta directiva está pensada para países do norte de Europa, cunha situación cultural moi diferente a estatal e a galega. Porén, a situación das bibliotecas galegas está ben lonxe do sistema bibliotecario desdes países e o pago do canon non fará máis que empeorala.  

 A situación actual das bibliotecas municipais non é boa. A desaparición do programa de cofinanzamento para a adquisición de fondos do Ministerio de Edución, Cultura e Deporte sumouse a desaparición -tanto en 2011 como en 2014-das axudas da Xunta de Galiza para a compra de fondos para bibliotecas múblicas municipais.  

 Tamén está a vivir un panorama negativo o sector da edición galega, que vai ver como este real decreto o afunde aínda máis.  

 “Non se pode facerlle pagar por ler ao pobo, por iso cómpre defender a biblioteca entendida como espazo xerador de cultura”, afirmou a concelleira nacionalista Hortensia García.  

 O BNG solicita unha posición clara da corporación na que inste a Xunta a demandar do goberno español a paralización do R.D. 624/2014 que estebelece o dito canon, así como sumarse as campañas postas en marcha contra o CANON BIBLIOTECARIO

Ningún comentario:

Publicar un comentario