O BNG DE TUI DENUNCIA QUE O SERGAS NON CUBRE ÁS SUBSTITUCIONS POR VACACIONS DE VERÁN NO CENTRO DE SAÚDE
BNG / Tui
A política de recortes do PP nos servizos públicos, fai que os profisionais da saúde que teñen vacacións non sexan substituídos durante ese período. No caso dos médicos, son os propios compañeiros os que teñen que facer-se cargo dos pacientes que corresponden aos profisionais ausentes por vacacións.
Pero o caso mais grave corresponde ao Técnico de raios X que cobre a demanda deste servizo dos concellos de Tui, O Rosal, A Guarda e Tomiño (mais de 30.000 usuarios). Desde o 15 de Xullo ao 15 de Agosto simplesmente se suprime o servizo por estar o titular de vacacións. Desta maneira, se se necesita unha radiografía urxente, os pacientes deben ser desviados ao Hospital do Meixoeiro. As radiografías programadas son adiadas até despois do 15 de Agosto, acumulándo-se e aumentando a demora correspondente.
Este non é mais que unha proba do empobrecemento que sofre a sanidade no noso Cancello, ao que hai que agregar os problemas relacionados co deterioro do edificio do Centro de Saúde como son a falta de espazo, os cheiros de canalizacións, e mesmo as inundacións dos sótanos nos dias de inverno.
Desde o BNG esiximos con firmeza que o PP de Tui aposte pola sanidade pública no noso concello e que o Alcalde se comprometa a reunir-se cos representantes dos veciñais e cos grupos políticos tudenses que reclaman a construcción de un novo Centro de Saúde, perfectamente dotado cos servizos que a poboación necesita, e nun lugar distinto do proxectado inicialmente de forma inconsciente e improvisada.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario