362 asociacións de todos os
concellos da provincia solicitaron participar no programa Coñece a túa provincia
PRETO DE 21.000 PERSOAS COÑECERÁN A PROVINCIA DA MAN DA
DEPUTACIÓN
· Arousa e Deza, entre as comarcas que máis desexan visitar
os beneficiarios do programa
Infogauda / Pontevedra
Un total de 20.959 persoas
participarán este ano no programa Coñece
a túa provincia. Farano da man de 362 asociacións de todos os concellos que
solicitaron participar neste programa, co que a Deputación de Pontevedra busca
promover o turismo interior e animar á poboación a coñecer os recursos propios,
á vez que contribúe ao dinamismo dos diferentes colectivos, facilitándolle a
organización de actividades para os seus socios.
Arousa e Deza son as comarcas máis
demandadas polos usuarios deste programa. Así, as dúas rutas con máis demanda
nesta edición son a que levará aos participantes a Ons e ás vilas mariñeiras de
Sanxenxo e Portonovo, con 66 asociacións que demandaron esta viaxe, seguida
pola coñecida como Ruta Marítima, que inclúe un paseo en barco de Arousa-O
Grove cunha degustación de produtos do mar, visita a O Grove e á Illa de A Toxa,
miradoiro de Siradella e paseo de Pedras Negras, e que demandaron 44
asociacións.
A terceira ruta máis solicitada, con
32 peticións, é a que se adentra na comarca do Deza e Tabeirós, con visita a
Lalín, mosteiro de Carboeiro, fervenza do Toxa, Museo Ramón María Aller e
conxunto natural e etnográfico de Codeseda.
Redondela é o cuarto destino máis
solicitado (30 asociacións), cunha ruta que inclúe visita ao seu conxunto
histórico, á praia e porto de Cesantes, á Illa de San Simón e ao paso do Camiño
de Santiago.
Kayak e surf
O programa oferta outras 18 rutas,
todas elas con demanda por parte das asociacións e que levará a 21.000 persoas
de diferentes colectivos (mulleres, mozos, maiores, persoas con discapacidade,
asociacións de veciños….) a coñecer o mellor da provincia, tanto no que
respecta a recursos naturais como arquitectónicos, históricos, etnográficos,
culturais e, incluso, de turismo activo, como as dúas rutas denominadas Xuventude no mar, que inclúe a práctica
de surf ou kayak nas praias de Patos e da Madorra unha delas e de kayak na ría
de Aldán a outra.
As rutas incluídas no programa son as
seguintes
|
DETALLE
|
ASOCIACIÓNS QUE A SOLICITARON
|
RUTA 1
|
Edificios da Deputación de Pontevedra: Pazo provincial, palacete
das Mendoza, Museo de Pontevedra, pazo de Lourizán e castelo de Soutomaior
|
4 Asociación
|
RUTA 2
|
Pazo de Oca, mosteiro de Santa María de Aciveiro, visita a
Sabucedo, visita á Estrada
|
15 asociacións
|
RUTA 3
|
Lalín, mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, fervenza do Toxa,
Museo Ramón María Aller, visita ó núcleo urbano de Lalín, conxunto natural e
etnográfico de Codeseda (Museo Etnográfico, Casa do Patrón, paseo fluvial,
aldea de Codeseda e muíños)
|
32 asociacións
|
RUTA 4
|
47
|
|
RUTA 5
|
Enoturismo: Cambados (adegas e degustación de viño D. O. Rías
Baixas), Museo Etnográfico do Viño, Barrantes, ruta dos muíños
|
14
|
RUTA 6
|
Mosteiro da Armenteira, Ruta da Pedra e da Auga con antigos
muíños fluviais, pazo de Señoráns con visita á adega, xacemento arqueolóxico
do monte do Castro
|
10
|
RUTA 7
|
Conxunto histórico de Combarro, mosteiro de Poio, miradoiro do
monte Castrove e visita ó Centro Arquelóxico da Caeira
|
4
|
RUTA 8
|
Parque arqueolóxico de Campo Lameiro, Cerdedo (arquitectura
civil e popular), conxunto histórico de Pontevedra
|
2
|
RUTA 9
|
Redondela: conxunto histórico, Camiño de Santiago, praia e porto
de Cesantes, illa de San Simón
|
30
|
RUTA 10
|
Cangas: Santo André do Hío, cabo Home, costa de Soavela
|
8
|
RUTA 11
|
Salvaterra de Miño: parque A Canuda, paseo fluvial polo río Miño
Arbo: Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea
|
18
|
RUTA 12
|
Baiona: conxunto histórico, fortaleza de Monterreal, carabela A
Pinta, Virxe da Rocha, mosteiro de Santa María de Oia
|
8
|
RUTA 13
|
A Guarda: citania de Santa Trega, miradoiro, porto
Tui: conxunto histórico, catedral, río Miño, paseo
|
27
|
RUTA 14
|
Fervenzas do Parque Natural da Barosa (Barro), visita á antiga
azucreira e miradoiro dos vales do Umia e exposición de Domingo Fontán en
Portas; casco vello, ponte romana e fonte das augas quentes en Caldas de
Reis; conxunto arqueolóxico de Castrolandín en Cuntis
|
16
|
RUTA 15
|
Vigo: arquitectura modernista dos edificios da cidade, barrio
mariñeiro do Berbés, monte do Castro, monte da Guía
|
1
|
RUTA 16
|
Templo votivo e arco visigótico de Panxón, porto pesqueiro,
miradoiro de Monteferro, pazo de Cea, pazo da Touza
|
1
|
RUTA 17
|
A Illa de Ons, vila mariñeira de Portonovo e Sanxenxo
|
66
|
RUTA 18
|
Xuventude no mar (kayak ou surf na praias de Patos e da
Madorra), Nigrán, Baiona
|
3
|
RUTA 19
|
Xuventude no mar II (kayak na ría de Aldán), visita ós cantís da
costa de Soavela, paseo por cabo Udra
|
2
|
RUTA 20
|
Ruta de Antonio Palacios, paseo do Louro, visita a Cans (O
Porriño), área recreativa da Freixa (Ponteareas)
|
1
|
RUTA 21
|
Vilagarcía de Arousa (petroglifos dos Ballotes, Ruta dos Pazos,
miradoiro de Lobeira), visita a Vilanova de Arousa (Casa Museo de
Valle-Inclán), A Illa de Arousa (paseo marítimo do Cantiño)
|
23
|
RUTA 22
|
Mondariz: castro de Troña, castelo de Sobroso,
Mondariz-Balneario, Virxe da Franqueira, Covelo
|
27
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario