27 de ago. de 2014

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL AMPLÍA O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2014-2015

Agrupación Musical do Rosal

 Entre o 1 e o 9 de setembro está aberto o prazo de matrícula para o curso 2014/2015 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal (en horario de 11,30 a 13,30 e de 17,00 a 20,00 h).  


 Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986 626311 ou 609 866 792.  

 A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita no rexistro de escola de música como centro 36000843.  

As materias que se imparten son as seguintes:  
- Iniciación Musical (de 4 a 7 anos) 

- Linguaxe Musical (1º, 2º, 3º, 4º e 5º) 

- Solfexo para adultos  

- Instrumentos: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba, Violoncello, Percusión, Piano, Guitarra 

- Gaita, Tamboril, Pandeireta 

- Baile Tradicional, Baile de Salón 

- Grupos  

Minibanda   
Banda Infantil   
Coro Infantil (a partir dos 3 anos)   
Coro de Voces   
Coro de Adultos

Ningún comentario:

Publicar un comentario