O FERRY BOAT "SANTA RITA DE CÂSSIA" VARADO NA AREA DA BUROCRACIA
Infogauda
Xa facía tempo que non se lembraba cousa igual. Nin siquera cando aconteceran ás avarías que obrigaron o seu varamento no "carro" dos Astaleiros Joaquín Castro, de A Pasaxe (Camposancos). Desta vez, poida que infortunadamente se haxa bátido algún récord de inactividade. Máis agás os usuarios que chegan o embarcadoiro da Pasaxe e se atopan coas portas do despacho de billetes pechadas, e que nalgúns casos, síntense visíbelmente molestos por non poder dispor do servicio do ferri-boat "Santa Rita de Cássia"; e os veciños, tanto desde Caminha como de A Guarda, que poida que estén máis informados de que o servicio foi interrumpido "sine die", eiquí ninguén dí nada o respecto. Hai, como se dixéramos, un pacto non escrito de silenzo. E pode que haiba boas intencións, pero que somentes son iso, boas intencións, pero que na práctica non modifican á tristeira realidade. E decir, á falla de comunicación por vía fluvial, entre Caminha e A Guarda. Ou para ser máis concretos, entre o Distrito de Viana do Castelo e o Baixo Miño.
Na imaxe podemos ollar os carteis que dan conta da inactividade do ferry-boat - Foto: Infogauda
Na imaxe podemos ollar os carteis que dan conta da inactividade do ferry-boat - Foto: Infogauda
Ademáis, a vista dos carteis que figuran nas lúas de vidro da mal chamada Estación Marítima - desde cando un inmoble ubicado a beira de un río se pode denominar dese xeito tan absurdo! -,onde ademáis de reproducir un blasón heráldico que non se axusta á normativa en vigor, e na parte inferior esquerda se reproduce unha fotografía do ferry navegando en dirección a Caminha, se dí textualmente:
Concello A Guarda (Pontevedra)
FERRY A GUARDA - CAMINHA
O ferry continúa sen funcionamento debido ós traballos de reparación que o Municipio de Caminha está acometer no seu embarcadoiro.
Cando o ferry retome o servizo informarase convenientemente.
TELÉFONO CONCELLO
986 610 000
A vista dese anuncio, elaborado mediante impresora, namentras que os que están noutros idiomas (inglés, alemán e francés), están elaborados de forma rudimentaria e paradóxicamente veñen a decir simplemente que "o ferry boat está fora de servizo por tempo indeterminado. (...)". Sen tirar pedras en tellado alleo.
A pouco que nos fixemos na redacción dos carteis que están en Galego podemos deducir que o ferry non está operativo porque Caminha está facendo reparacións no seu embarcadoiro. Ou dito de xeito máis concreto: A culpa do non funcionamento non é de A Guarda.
Sexamos serios. Se o ferry non está operativo non é, únicamente, polos traballos que está acometendo Caminha, senón porque a canle de navegación está literalmente taponada de area. E non somentes á canle, o río Miño, no seu tramo final está literalmente atascado de area. E iso sabémolo tódolos veciños e compre que non se agarde nin un día máis para tentar atoparlle unha solución á problemática existente.
O alcalde e o seu grupo de goberno, en primer lugar, e á Corporación Municipal, a continuación, deberan "moverse", como se dí coloquialmente, e petar nas portas que sexan necesarias para "desatascar" esa canle de navegación, senón queremos asistir, máis cedo que tarde, o desguace do ferry-boat.
E cando decimos alcalde e grupo de goberno, en primer lugar, e tamén Corporación Municipal, consideramos que se deberan implicar igoalmente algúns colectivos locais, de representación empresarial. A lexítima loita - que ata o de agora non se viu por ningures -, para que por parte da Administración central se permita - e se financie - a extracción da area necesaria que permita á reanudación do servizo de transporte a traverso do fery-boat, e cousa de todos, e algúns xa están demorándose en exceso na que debería ser súa labor prioritaria. A menos que haxan optado pola resignación e por iso calan. De ser así, máis lles valía que o dixesen abertamente para que a cidadanía saiba o que realmente temos.
De calquer xeito, unha cousa está crara: Este verán - por outra parte climatolóxicamente tan irregular -, xa está prácticamente finiquitado. O non haber podido contar co servizo de ferry-boat entre Caminha e A Guarda, poida que para algúns haxa sido un "ensaio". Unha sondaxe para ver como reaccionaba á opinión pública. O custe socioeconómico desa inactividade do ferry non o podemos cuantificar, alomenos polo de agora, pero estamos seguros que o rendemento deste verán hubera sido mellor, tanto para Caminha como para A Guarda, de haber poido contar co servizo do ferry.
Que o ferry-boat "Santa Rita de Câssia" viñera a sustituir ás vellas barcas de pasaxe e que o teñamos varado na area da burocracia en pleno século XXI, é no noso entender, unha proba da orfandade política na que se atopa á cidadanía desta comarca transfroteiriza. E iso e moi grave.

Ningún comentario:
Publicar un comentario