CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE QUE A SUSPENSIÓN DO SERVIZO DO FERRI ENTRE CAMINHA XERA "SERVICIOS DE PASAXE" POR PARTE DE EMBARCACIÓNS DE TODO TIPO

Infogauda / A Guarda
Con rogo da súa publicación vimos de receber de Converxencia Galega, de A Guarda, unha comunicación, na cal esa formación política con representación na Corporación Municipal do concello guardés, informa o seguinte:
Xosé María Martínez Rodríguez, Responsable Local de Converxencia Galega,
E X P O N:
Cando levamos máis de CATRO (4) MESES de suspensión do servicio do Ferri entre A Guarda e Caminha, nunca xamais na historia desta actividade, se levou a cabo unha parada tan longa e tan silenciada por parte das Administracións (Concello e Cámara de A Guarda e Caminha).
Non só é criticable este silencio obscurantista, senón que ninguén se preocupou de tapar as sinais que dirixen aos visitantes hacia os muelles deste servicio, cas consecuentes molestias e perda de tempo, e nalgúns casos, despachando tiquets que logo se discutía a sua devolución, xa que os empregados non tiñan ningún tipo de indicación para solventar esta problemática.
Agora, púxose de “moda” –e así o teñen referido diversos xornais- a proliferación de “servicios de pasaxe” entre ámbalas dúas orelas do Miño por parte de lanchas de todo tipo por parte de particulares, e que nos sepamos, sin ningún tipo de control por ningunha administración das que teñen responsabilidade nestas augas. (cando se trata dún pescador, rápidamente interveñen as lanchas de control dos dóus países para “regalarlle unha quiniela”.
Diante desta situación, que a moitos ten preocupados, conleva a que dende Converxencia Galega, quixéramos saber si estes servicios particulares contan cos correspondentes servicios, fundamentalmente de seguridade para os pasaxeiros, polo que despois de varios días de observación e consulta con profesionais do río no eido da pesca, se nos presentan unha serie de dúbidas, entre elas:
1ª.-) Os prestatarios destes servicios de transporte que usan as instalacións portuarias (pantalán de atraque dependente de Portos de Galicia) de A Pasaxe de Camposancos, ¿abonan un pago polo uso das mesmas como ten que facer o concello cando funciona o ferri?
2ª.-) Dado que fan servicio de tranporte de persoas, ¿que tarifas cobran? ¿Están as mesmas reguladas por algunha administración? ¿Están cubertos por algún Servicio Obligatorio de Viaxeiros, tal e como sinala a lexislación española?
3ª.-) ¿Que medidas de elementos de seguridade activa ou pasiva lle son esixibles a estas embarcacións? Temos observado como algunhas embarcacións carecen dún número de chalecos salva-vidas para tódolos ocupantes.
4ª.-) ¿Que autoridade administrativa (local, autonómica ou estatal) tramita os correspondentes permisos ou licencias administrativas para o funcionamento destes servicios e sinala as pautas de posta en marcha e seguimento da actividade?
5ª.-) ¿Que autoridade administrativa de calquer rango leva a cabo as labores de inspección deste servicio?
Dende fai anos, parece que en A Guarda estamos acostumbrados a existencia de certos servicios “piratas” irregulares ou clandestinos que fan labores de transporte de viaxeiros náuticos hacia a Ínsua, paseos turísticos polo río,...etc., os cales na gran maioría dos casos carecen de permisos, licencias, falta de materiais de seguridade,...
A total e absoluta pasibidade das distintas administracións, transfórmase nunha loita por escurri-lo bulto cando acontece algún percance que afecta aos pasaxeiros e usuarios, esquivando todo tipo de responsabilidade.
Dende Converxencia Galega, para evitar ou prevenir que aconteza calquer percance, queremos chamar a atención sobre esta situación cando menos anómala, para que as distintas administracións implicadas (ou que deberían implicarse) se tomen as medidas pertinentes.
A Guarda, a 26 de agosto do 2.014
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Texto remitido a Alcaldía, Urbanismo e Infraestructuras e a Portos de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario