30 de ago. de 2014

MOVEMENTOS SOCIAIS

AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS E COLECTIVOS DE EMIGRANTES RETORNADOS ASISTIRÁN O ACTO POLÍTICO DO PP EN SOUTOMAIOR

Farano para esixir unha solución inmediata ás sancións que lles foron impostas

Afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño esixen  á exoneración das sancions que lles foron impostas - Foto: Yoli Vi

Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño

Dende a Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño comunicamos que o vindeiro domingo 31, acodiremos, xunto cos emigrantes retornados, ao congreso do Partido Popular en Soutomaior, onde tentaremos acceder de xeito pacífico para transmitir o noso malestar a causa da represión que estamos a sofrir a traverso de sancións inxustificadas e esixiremos unha solución inmediata. 

Chegaremos arredor das 10:15-10:30 h. 

Para máis información non dubidedes en contactar con nós. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario