8 de ago. de 2014

A GUARDA

¡¡CANDO UNHA IMAXE DI MÁIS QUE MIL PALABRAS!! 

Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

Cada vez, son máis as chamadas e recados que nos mandan para que pasemos por distintos lugares do noso pobo a fin de que poidamos comprobar as diversas “maravillas” que como tarxeta de presentación nos deixan os responsables de gobernar en A Guarda. 



  En plena época estival, cando xa estamos enrriba das Festas do Monte, etapa na que é posible que doblemos ou tripliquemos os/as visitantes que acuden o recuncho, non é posible nin permisible que amosemos “referencias” como éstas que están a vista de todos en varios cruces entre o Paseo Marítimo e a Rúa Malteses. ¡¡Non é de recibo!! ¡¡Si tiveran un mínimo de vergonza!! E logo se atreven a saír nos medios de comunicación (algúns responden a la “voz de su amo” a cambio de silenciar os demais grupos políticos e asociación non afíns de quen con cartos públicos lles paga a publicidade) falando dos grandes éxitos como o novo fracaso por tercer ano consecutivo da Festa da Langosta, as “peripecias económico-finacieiras” que fan que os presupostos se agoten no mes de maio ou xuño e as faturas xeneradas a partir deses meses pasen a recoñecemento extra-xudicial do seguinte ano, e outras “luminarias” máis que ata parece que o fan ben.




Dende Converxencia Galega, non imos a falar moi a fondo deste asunto, pois xa temos dito por pasivo e por activo, as causas que provocan esta situación, pero seguiremos presentando imáxenes de todo aquelo que cada vez que acontece, os que “mandan” deixan por "popa” e logo lles molesta que se faga público, ou o que é peor, que descarguen a bronca contra o persoal municipal, ou lles vaian con discursos de que os van botar fora porque dende Converxencia Galega se propuxo algo de este estilo, “marramucia” –por non usar outra palabra- que somentes pode ferver nunha mente calenturienta e con alto grado de combustión dun elemento que se manten nunha distancia superior as 200 brazas dos seres humanos. 

A Guarda, a 31 de xullo do 2.014     

Xosé María Martínez Rodríguez 
Responsable Local de Converxencia Galega
      
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario