6 de ago. de 2014

A GUARDA

¡¡¡DE PENA, A “PROMOCIÓN TURÍSTICA”!!!

Aspecto que presenta á caseta de información turística instalada polo Concello de A Guarda neste mes de agosto - Fotografías: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda


  Dín, e con bó criterio, unha boa parte da hostelería e restauración local, que é moi dificil que poidamos ir a pior, e non lles falta razón, e as probas nos remitimos, un goberno municipal que presume de destino Edén, Concello de Excelencia Turística, Bandeira Azul, e catrocentos títulos máis, -varios deles hai que pagalos, sin importar moito as condicións que teñas- plantexa unha serie de circunstancias que son cando menos de “alucine” por usar unha expresión moi suave e educada.

  Cando escoitamos ou leemos as declaracións do Sr. Alcalde e da súa posible herdeira política, concellala dun feixe de cousas: Turismo, Pesca, Facenda, Industria, etc. –así nos vai- ¿Ferri? ¡Desaparecido! ¿Presupostos municipais? ¡Desaparecidos! ¿Chán Industrial? ¡Desaparecido! Non seguimos por que dan ganas de chorar. ¡¡Somentes falta que tamén a encarguen do tráfico!!

  Retomando o asunto, queremos plasmar, para que se vexa que todo queda en “fumo de xaruto” cada vez que saen nos medios de prensa, en que despois de que xa transcurriu a metade da tempada de vrán - oxalá durara un meses máis -, escomenza agosto, e o Departamento de Turismo instala o séu “caseto” no Porto. ¡¡É o gran comentario de veciños/as e visitantes!! ¡¡De pena!! Dende que o compraron, non tiveron nin a delicadeza de arranxar o teito, e moi menos, en gastar “catro patacos” en lixalo e darlle unha mán de laca ou berniz para que dera unha imaxe medianamente decente deste pobo.

A caseta de información turística instalada polo concello guardés presenta un aspecto descoidado, indigno de un pobo turístico como A Guarda - Fotografías: Grupo Municipal Converxencia Galega / A Guarda

  O que está a vista, non precisa moita explicación, ¡¡É o que hai!! Logo dirán que os malos somos nos, pero,...

  Cada día que pasa, son máis os guardeses/as que se dan conta que o proxecto do PSOE co Sr. Freitas a cabeza, está esgotado, non teñen ideas nin intencións de copiar as dos demais, (bueno, iso de vez en cando o fan e logo saen falando das súas luminarias), pero non importa...

  ¿Alguén se pode creer que con estas imáxenes se pode atraer visitantes ata A Guarda? Somos a diana de moitos comentarios, pero maioritariamente non son para que volvan o noso pobo. ¡¡E logo o Sr. Alcalde, dí na prensa que: “(...)” este año detectamos muchos turistas con un poder adquisitivo levemente más alto (...)” ¿En comparación con qué ano? 

 A Guarda, a 5 de agosto do 2.014

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario