"O MAR NO MUNDO DE ELISEO ALONSO"
Unha lembranza o embaixador literario do Baixo Miño
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Coa presenza da súa familia, amigos, artistas, veciños de Goián e de A Guarda e autoridades municipais dos concellos de O Rosal e de A Guarda, na tardiña do pasado día 14 de agosto tivo lugar no local de Efectos Navales Guadalupe, na Rúa do Porto (A Guarda), o acto de inauguración da exposición "O Mar no Mundo de Eliseo Alonso", que en lembranza do escritor, antropólogo, etnógrafo, poeta e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez, organizaron Alicia María Alonso Rivas e Antonio Martínez Vicente.
Carmen Rivas, esposa de Eliseo Alonso, escoitando a unha veterana atadeira guardesa, que colabourou con Alicia María Alonso Rivas para o seu traballo sobor das redeiras - Fotografías: Ricardo Rodríguez Vicente
Abriu o turno de intervencións Antonio Martínez Vicente, para deseguido ceder o uso da palabra o cronista Ricardo Rodríguez Vicente, quen fixo unha evocación do inesquencible amigo Eliseo Alonso Rodríguez.
Carmen Rivas, esposa de Eliseo Alonso, escoitando a unha veterana atadeira guardesa, que colabourou con Alicia María Alonso Rivas para o seu traballo sobor das redeiras - Fotografías: Ricardo Rodríguez Vicente
Abriu o turno de intervencións Antonio Martínez Vicente, para deseguido ceder o uso da palabra o cronista Ricardo Rodríguez Vicente, quen fixo unha evocación do inesquencible amigo Eliseo Alonso Rodríguez.
Rodríguez Vicente dixo: "(...) Se
facemos unha viaxe no túnel do tempo, escoitamos no pobo de A Guarda, cáseque a
cotío a voz amiga de un home que desde a súa matria goianesa, achegábase a
beira do noso mar. E facíao para ir esculcando e recollendo apuntes sobor da
etnografía mariñeira. Froito desa labor de investigación e de pescuda, logo de
anos de estudo e de traballo, agasallounos coa súa obra “Gamelas y marineros”.
“Gamelas
y marineros” e, segundo nosa opinión, a mellor homenaxe a unha embarcación que
compre preservar, e a unha comunidade de pescadores, que o longo dos séculos loitaron
pola subsistencia das súas familias, nunha desigual relación home-mar (...)".
Ricardo Rodríguez dixo tamén que "(...) Eliseo Alonso foi un verdadeiro embaixador literario do Baixo Miño (...)", e salientou que o escritor goianés "(...) foi quen nos achegou a artistas como Xavier Pousa Carrera, Magín Xulio Picallo
Durán, Mario Rodríguez Gómez, Elsa Pérez Vicente e Antón Abreu Bastos,...,
entre outros moitos.
E ainda que non era partidario das homenaxes póstumas, consideramos que pola súa labor contrastada a prol da Cultura, en xeral, e da guardesa, en particular, o pobo de A Guarda, representado polas autoridades municipais, estamos en débeda con Eliseo Alonso. O decimos non como autocrítica, senón para relembrar a abondosa labor que Eliseo Alonso desenvolveu o longo da súa brillante traxectoria literaria e xornalística (...)".
E ainda que non era partidario das homenaxes póstumas, consideramos que pola súa labor contrastada a prol da Cultura, en xeral, e da guardesa, en particular, o pobo de A Guarda, representado polas autoridades municipais, estamos en débeda con Eliseo Alonso. O decimos non como autocrítica, senón para relembrar a abondosa labor que Eliseo Alonso desenvolveu o longo da súa brillante traxectoria literaria e xornalística (...)".
"(...) Para
nós - afirmou o cronista guardés - o legado de Eliseo Alonso, merece
toda á nosa consideración e agradecemento.
Por
iso, con debido respecto, coidamos que desde á institución municipal debérase
ir pensando en da-los pasos necesarios para corresponder de xeito póstumo con
quen tanto e ben, fixo pola Cultura de A Guarda e de tódolos pobos do Baixo
Miño.
Agardamos
que esta proposta sexa acollida coa mellor disposición por parte de quen
corresponde (...)".
De esquerda a dereita: María del Camino Noia Campos, Xulián Maure Rivas, Loli Estévez Álvarez, María Xosé Queizán Vilas e Francisco Álvarez Álvarez (Koki).
A continuación, Antonio Martínez Vicente deulle paso o escritor, poeta e xornalista de A Estivada (Salcidos), Francisco Álvarez Álvarez (Koki), residente en New York desde 1984.
Na súa intervención Álvarez - Koki relembrou da súa memoria varias vivenzas con Eliseo Alonso, como por exemplo a participación de ambos os dous en un congreso de escritores de Calalunya, Euskadi, Galicia,..., que tivo lugar en Barcelona.
Álvarez - Koki suscrebeu á proposta de Rodríguez Vicente e suxeriu ademáis que o Museo do Mar de A Guarda leve o nome de Eliseo Alonso.
Asemade o escritor e poeta guardés deu lectura a un poema - "Náufrago de café" -, de Eliseo Alonso, incluido no poemario "Tiempo y Camino", rematando súa intervención coa lectura de unha elexía adicada a Eliseo Alonso, recollida no poemario Alén da Fronteira, de Álvarez - Koki.
Alicia Alonso Fernández, Loli Monteiro e Xoán Bautista Martínez González (Xoán do Tamuxe)
Logo das verbas de Francisco Álvarez - Koki, interviu Alicia María Alonso Rivas, filla de Eliseo Alonso, para agradecer a tódalas persoas - como Manuel Álvarez Alonso, Alicia Alonso Fernández, Esperanza Vázquez, Alicia Rodríguez-Solano Ribeiro, Francisco Álvarez Priego, Celso Rodríguez Fariñas,..., entre outras - e entidades - como á Confraría de Pescadores Santa Trega, de A Guarda -, que fixeron posible que a exposición "O Mar no Mundo de Eliseo Alonso" sexa unha realidade.
Alicia María Alonso Rivas dixo tamén que esta mostra xurde con vocación itinerante, prevéndose que tamén poida arribar a outras poboacións coas que Eliseo Alonso tivo relación.
A imaxe reflicte o magnífico ambente que había na exposición intres despois da súa inauguración
Finalmente interviría José Manuel Domínguez Freitas, alcalde de A Guarda, quen dixo que este pobo sabe recoñecer ás persoas que tiveron relación con A Guarda, referíndose á Antonio Fernández Gómez, Xavier Pousa Carrera e Xoán Piñeiro Nogueira, artistas vencellados a Goián, aos cales o concello guardés lles adicou ás respectivas exposicións.
E denantes de dar por inaugurada a exposición, o alcalde dixo que "(...) Eliseo Alonso foi un home bo e xeneroso (...)".
Álvarez - Koki, Mario Rodríguez Gómez, Cuqui Piñeiro e Olivia María Pereira
Compre salientar que a exposición "O Mar no Mundo de Eliseo Alonso", amosa unha síntese da andaina literaria e xornalística de Eliseo Alonso, con unha mostra das súas obras editadas tanto en Buenos Aires como en Galicia, así como unha escolma das innumerables colabouras súas en xornais, tanto da chamada "quinta provincia galega", como tamén de Galicia e de Madrid. Hai tamén, poemas, fotografías, dibuxos e apuntes de traballo de campo, da autoría de Eliseo Alonso.
A exposición pode visitarse ata o 31 deste mes de agosto, en horario de 17:00 á 20:00 horas de luns a domingo, e os domingos e festivos tamén pola mañá, de 12:00 á 14:00 horas.
Artigo relacionado
Artigo relacionado
Ningún comentario:
Publicar un comentario