5 de ago. de 2014

A CRUZADA (A GUARDA)

¡¡¡PRECAUCIÓN..., PERIGO!!!


Fotos: Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda

  Dende fai bastante tempo, de xeito directo ou por medio de varios empregados, veciños/as da zona da Cruzada, teñen comunicado o Concello para que se den as ordes oportunas a fin de que se arranxe a situación existente a veira dunhas das rúas daquel lugar, xa que non é a primeira vez que, especialmente persoas maiores e nenos/as por despiste, o non percatarse do oco alí existente, teñén tropezado ou metido un pé ou o tacón e teñen rematado cún bó golpe, esnafrando un pé ou a naríz, pola deixadez e abandono a que nos ten acostumado o actual Equipo de Goberno, que somentes se preocupa a chegada de fin de mes, sin asumir ningunha función que axude a que o noso pobo saia da situación de estacamento que levamos soufrindo dende que o PSOE ¿¿goberna??  no noso pobo.




  Menos mal, que un veciño, que xa “mediu a distancia” para que outros/as non pasaran pola mesma situación, decidiu colocar un pau como sinal de advertencia para que non sigan sucedendo casos similares o vivido por esta persoa maior, e que séu neto, nos comentou para que intentáramos atoparlle unha resposta.

  Dende Converxencia Galega, querermos facer público este problema, a aportando imáxenes cedidas pola persoa que nos trasmitiu a noticia, a fin de que dende a Alcaldía, o Sr. Freitas, imparta as órdenes oportunas (esperemos que lle fagan caso) e dénlle unha solución urxente a este problema, denantes que acontezan máis percances.

  Por ser de Xustiza, en A Guarda, a 24 de Xullo, do 2.014

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario