15 de xul. de 2014

TOMIÑO

As familias de acollida de dous nenos saharauis visitan o Concello


Os pequenos estarán en Galicia ata principios do mes de setembro    

   Sidati e Dahsalama son os dous nenos saharauís, de 11 anos e 10 anos, que pasarán o verán en Tomiño xunto a dúas familias do concello, grazas ao programa Vacacións en Paz que promove a Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí.  

   Para Sidati é a segunda vez que vén a Galicia. Susana é a súa nai de acollida, que vén de dar a luz hai dúas semanas a Vera, á que Sidati trouxo unha pulseira dende o Sáhara. Gústalle moito Vigo, polos edificios altos e a mar; tamén lle gustan as montañas e coller froita das árbores e comela recen cortada.  

  Dahsalama, en cambio, é a primeira vez que vén a Tomiño. Quedarase en casa de Emilia e Jose, que non teñen fillos propios.  Ambos os dous nenos foron recibidos onte pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e as concelleiras de Educación (Olga Orduña) e de Cultura (Cristina Martínez ), que lles agasallaron cuns balóns de fútbol e libros, desexándolles unha boa estadía. 

 Lles acompañaba outra familia de Tui, cos dous nenos que acollen (Ashma e Mohamed). 

 Todos disfrutarán destas vacacións en Tomiño ata os primeiros días de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario