18 de xul. de 2014

PONTEVEDRA

LOUZÁN ANUNCIA A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE CONTROL FINANCIEIRO DAS SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES


·     ·      A Deputación de Pontevedra tramitou o ano pasado 2.000 expedientes deste tipo  cun volumen de gasto de 7,3 millóns

·   ·        A Auditoría de subvencións afectará directamente a 264 entidades e a un volumen económico de 4,5 millóns

  O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciouhoxe en rolda de prensa a posta en marcha dun Plan de Control Financieiro da institución provincial para as subvencións que cada ano concede.


  Según explicou, trátase de realizar unha "auditoría in situ" sobre as subvencións e os beneficiarios das axudas que otorga a Deputación de Pontevedra “non só o control interno senón tamén contrastar cos beneficiarios do uso da axuda concedida”,dixo. 


  Louzán explicou que, no ano 2013, a Deputación de Pontevedra tramitou 2.000 expedientes de subvencións a asociacións e entidades, cun volumen de gasto de 7,3 millóns de euros. 

  “Desta auditoría de subvencións, eliminaremos aosconcellos porque xa teñen órganos de control externo para eso, como o Consello de Contas, e eliminaremos tamén as axudas de menor cuantía, co que quedan un total de 264 entidades a auditar para o control financiero cun volumen económico de 4,5 millóns de euros”, afirmou Louzán. 

  A medida, según Louzán, pretende profundizar non só na trasparencia da institución e das entidades coas que colabora senóntamén comprobar o uso que se fai do diñeiro público. 

  Para incrementar e potenciar esta nova iniciativa, a Deputación impartirá cursos de formación a directivos e responsables de asociacións e entidades para informarlles dos distintos trámites e xeitos correctos de tramitar e utilizar as subvencións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario