18 de xul. de 2014

INTERNACIONAL

Israel inicia a invasión terrestre de Gaza

Explosión provocada por un ataque israelí

O Exército israelí iniciou na noite do xoves unha operación terrestre en Gaza tras dez días de bombardeos aéreos masivos. O asalto foi precedido por unha choiva de proxectís de artillaría que castigaron desde as 21.00, hora local, con especial dureza o norte de Gaza. Horas antes, o gabinete de seguridade do Goberno aprobou por unanimidade o inicio da ofensiva. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario