25 de xul. de 2014

PONTEVEDRA

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS



SÁBADO, 26 DE XULLO DE 2014

AXENDA DO  PRESIDENTE
11,15 horas............O presidente, Rafael Louzán, e o vicepresidente, José Manuel Figueroa, ofrecen unha Rolda de Prensa sobre o proxecto de reforma do Estadio de Balaídos. Na sede da Deputación en Vigo.
12,30 horas..........O presidente Louzán inaugura o conxunto escultórico do Carneiro ao Espeto. Rotonda de Chociñas, en Moraña.

AXENDA DOS DEPUTADOS
12,30 horas...........A deputada Marta Iglesias é nomeada Cofrade da Orde da Cigala de Marín. En Cantoarena-Marín.
20,30 horas...........Marta Iglesias asiste á final da XXIV edición da Liga Galega de Bandas de Gaita. No Pazo de Mos, no Concello de Mos.
21,00 horas..........Marta Iglesias asiste á IX Festa do socio de Cabral. Na pista polideportiva e local social do Centro Cívico Recreativo de Cabral. Na rúa Cabral de Ferreira 145, en Cabral, Vigo.

DOMINGO, 27 DE XULLO DE 2014

AXENDA DOS DEPUTADOS
11, 00 horas............A deputada Begoña Estévez asiste ao inicio da quinta quenda dos Campamentos de A Lanzada. No Centro Vacacional de A Lanzada, en O Grove.
14,00 horas..............A deputada Marta Iglesias asiste ao VI Xantar solidario de SOS Tomiño. No pavillón de Tomiño.

LUNS, 28 DE XULLO DE 2014

AXENDA DO PRESIDENTE
11,00 horas...............O presidente, Rafael Louzán, acompañado polos presidentes dos Celta de Vigo, Deportivo de A Coruña e Pontevedra C.F, Carlos Mouriño, Constantino Fernández e Lupe Murillo, respectivamente, e polo presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, ofrece unha Rolda de Prensa para presentar o partido amistoso entre o Celta de Vigo e o Deportivo de A Coruña no Estadio de Pasarón. Na Sala de Xuntas da Deputación.

AXENDA DOS DEPUTADOS

21,30 horas................Marta Iglesias asiste ao XXVII Festival Folclórico Internacional de Coruxo. No campo de fútbol de O Bao-Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario