21 de xul. de 2014

PONTEVEDRA

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN E TRECE ALCALDES DA PROVINCIA ACORDAN SUSCREBER UN MANIFESTO SOLICITANDO Á PARALIZACIÓN DO PROXECTO DE REFORMA DA PLANTA XUDICIAL

Entre outros argumentos, afirman que "(..) o proxecto de Reforma da Planta Xudicial suporía, de modificarse o actual mapa de partidos xudiciais, un perxuicio evidente a vista do indudable efecto vertebrador que a actividade Xudicial implica nas zonas onde se desenvolve actualmente (...)"

A imaxe corresponda á rolda de prensa de Louzán, Crespo e José Manuel Rey sobre o manifesto acordado para rexeitar o Proxecto de Reforma da Planta Xudicial.


  O Presidente da Deputación de Pontevedra e os alcaldes de Lalín, A Estrada, Pontevedra, Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Marín, Cangas de Morrazo, Redondela, Vigo, Porriño, Ponteareas e Tui   - concellos todos eles directamente afectados polo Proxecto de Reforma da Planta Xudicial que tramita o Goberno e que suprimirá os actuáis partidos xudiciais - reunidos na Deputación de Pontevedra, acordan remitir ao Ministro de Xustiza, don Alberto Ruiz Gallardón, o seguinte MANIFESTO:

  1º.- Galicia e, en particular, a provincia de Pontevedra -con dúas grandes cidades, Vigo e Pontevedra - teñen unha configuración poboacional e de núcleos de asentamento territorial que as particulariza, individualiza e distingue frente a outras comunidades e provincias do Estado.

  2º.- A crise demográfica, o envellecemento da poboación, o maioritario asentamento dela en torno ao Eixe Atlántico pivotando sobre Vigo e Pontevedra e o despoboamento da zona rural, son gravísimos e estruturais problemas que trascenden a siglas e colores políticos e que a todos aúnan no obxectivo de poñerlles freno e propiciar un reequilibrio territorial que asegure a supervivencia e ainda o futuro da nosa Comunidade e da nosa provincia.

  3º.-  Neste común obxectivo de reequilibrar o territorio e a costa e interior, o Proxecto de Reforma da Planta Xudicial suporía, de modificarse o actual mapa de partidos xudiciais, un perxuicio evidente a vista do indudable efecto vertebrador que a actividade Xudicial implica nas zonas onde se desenvolve actualmente.  

  4º.- Perxuizos que, entre outros, van dende unha máis costosa accesibilidade á Xustiza debido ao aloxamento dela do xusticiable, ata as consecuencias socioeconómicas que a desaparición dos Xulgados acarrearía en todos os sectores das comarcas, pasando pola perda da identificación psicocultural que cada cidadán tén co seu entorno e que agravaría a actual merma poboacional ao carecer de servizos fundamentais nas capitais comarcais.

  5º.- Polas anteditas razóns, o Presidente da Deputación de Pontevedra, mais os 13 alcaldes, acordamos  solicitar ao Goberno que paralice a súa tramitación e demandar un estudio pormenorizado do mapa xudicial, que teña en conta as opinións dos concellos e das institucións e entidades de todo tipo, e que desemboque nunha Lei  acorde coa realidade, coa particularidade e co futuro da nosa provincia.

En Pontevedra, a 21 de xullo de 2014

Asinado:



Presidente da Deputación de Pontevedra e Alcaldes de Lalín, A Estrada, Pontevedra, Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Marín, Cangas de Morrazo, Redondela, Vigo, Porriño, Ponteareas e Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario