LOCALIZADO UN ENXAME DE AVESPA ASIÁTICA EN VISODOSEIDOS
Exemplar de avespa asiática no seu niño
Foto: http://www.apidena.org/
Infogauda / O Rosal
A avespa asiática (vespa velutina), orixinaria do Norte da India, e cecais procedente do sudoeste asiástico está craramente entre nos. E o curioso e que á colaboura cidadá, semella non ter á acollida que debera, por parte dalgunhas persoas con probables responsabilidades no que compete a loita contra á que pode constituir á enemiga número un das abellas.
Segundo manifestou no día de hoxe a Infogauda, Rafael Martínez Alfonso, veciño de O Rosal, que detectou un niño de avespa asiática nunha pereira sita nunha propiedade familiar ubicada en Visosoeidos - A Buraca, no termo municipal de O Rosal; o pasado día 20 de xullo deu conta da presenza de un enxame ou niño da vespa velutina, chamando o 112. O mesmo día tamén deu á correspondente alarma chamando o 012 e o día 22 voltou a chamar o 012. A resultas deses avisos de Rafael Martínez, o día 23 de xullo chamoulle unha veterinaria da Xunta de Galicia, quen lle manifestou que quería confirmar o tipo de abella. Rafael respostoulle que xa estiveran no lugar dous apicultores da zoa que afirmaron que o enxame existente na finca familiar, corresponde a unha colonia de avespa asiática.
"Quedaron en vir o día 30 de xullo a retirar o enxame e non viñeron. Por iso voltei a chamar o 012 e me dixeron que tiña que vir un equipo de Santiago de Compostela, para proceder a retira-lo enxame", afirma Rafael Martínez Alfonso, molesto pola evidente demora rexistrada.
"Tanta publicidade como fixeron en folletos, etc, e logo ninguén actúa coa debida dilixencia!", conclúe o referido veciño, que está preocupándose de espallar esta nova para coñecemento da opinión pública e para que ás autoridades non poidan afirmar que non sabían nada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario