31 de xul. de 2014

A GUARDA

¿¿ALGUEN TERÁ DÚBIDA DO ABANDONO E DEIXADEZ MUNICIPAL??



  Cada día que pasa, atopamos unha nova demostración da deixadez e abandono en que nos teñen sumerxidos o actual ¿¿Equipo de Goberno?? Encabezado polo Alcalde, Sr. Freitas. A verdade é que cada vez, é máis difícil –para séus acólitos- defender a situación municipal que estamos sufrindo- A este ritmo, van facer bós a aqueles dos que máis denostaban cando eran oposición. 

  E bó recordar, que a aqueles dos que pior falaban, terminaron propoñéndollos para cargos “institucionais” ou “condecorándolles” por haber institucionalizado algunha festa gastronómica, co afán de que si non os apoiaban, polo menos que non montasen unha candidatura que lles poidera restar votos. ¡¡Quien te ha visto y quien te vé, falando de temas ideolóxicos ou de persoas!! ¡¡Menos mal, que logo se nos enche a boca, falando de cousas!!

  ¿Que dí o pobo? ¡¡Algúns son tan etéreos que non poden falar por eles, xa que se adxudican ser a Voz do Pobo, somentes recordarlle ao de Servicios, pagado con cartos de tódolos guardeses/as e o xefe “autobusero”, que ¡¡Vox Pópuli, Vox Dei!!  E logo dín que eles non son creentes.¡¡Iso o dín cando xa levan “escanciado” unha boa cantidade do “néctar de los Dioses del Olimpo”.

  Despois desta “perorata” que algúns entenderán, volvemos o asunto que nos fai escribir. Un paseo polas dependencias municipais, nos leva a atopar polos pasillos tal cantidade de “carpetas arquivadoras” que non quixéramos pensar o que podería acontecer, si hubera unha ruptura dunha tubería de augas, ou “alguén” por facer dano, decidira levarse algunha documentación destas carpetas.



Reportaxe fotográfica: Grupo Municipal Converxencia Galega

  Dá igoal ir a calquer Departamento. Non imos falar do que se pode facer para entrar no Arquivo Municipal, aberto sen ningún tipo de vixiancia ou control, na parte baixa do edificio do Concello. Non imos falar o “regadío de documentos e carpetas nas Dependencias da Alcaldía ou dos Concellais do equipo de des-Goberno, iso queda para outra ocasión, agora queda reflexar as imaxes do pasillo de Intervención e Tesourería, a ante-sala de Urbanismo, ou a oficina de Estadística, deixando claro, que a culpa non é dos traballadores, se non de quen ¿¿administra a “empresa” do Concello de A Guarda?? Especialmente o xefe máximo, na figura do Sr. Alcalde-Presidente deste pobo.

  O Sr. Alcalde, a Concellala de Facenda, Turismo e outras “yerbas”, xunto co Concelleiro de Persoal e Obras, xunto co outro liberado que cobra dos impostos e taxas dos guardeses/as, deberían deixar de gastar cartos en “caralladas inútiles” e adicar un diñeiro a actualizar os Arquivos Municipais, instalando “armarios deslizantes” a fin de aproveitar ao máximo o espacio existente, e dese xeito eliminar a imaxe tercermundista e de abandono que presentamos a todos/as que visitan as instalacións municipais.

A Guarda, a 29 de xullo do 2.014 
  
Xosé María Martínez Rodríguez 
Responsable Local de Converxencia Galega

Sr. Alcalde Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario