VI XANTAR SOLIDARIO
27 de xullo de 2014, ás 14:00 horas, no pavillón de Tomiño
Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño
A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño, organiza o domingo 27 de xullo, un pequeno xantar. Non se trata de comer ou de recaudar diñeiro. O principal obxetivo é:
- Agradecer a todos os voluntarios, o traballo que veñen desenvolvendo de forma totalmente desinteresada, durante todo o ano, no almacén, no reparto das bolsas entre os beneficiarios, na administración, etc.
- Agradecer a todos os colaboradores, a súa colaboración, tanto económica como en servicios e productos.
Este xantar, que terá lugar no Pavillón de Tomiño, as 14:00 horas, do domingo 27, constará de pulpo e carne ao caldeiro.
O obxetivo desta comida, é dar a coñecer o traballo que esta Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño fai ao longo do ano, atendendo un total de 91 familias.
Se se quere asistir a este xantar, o prezo do prato, é de 20 euros. O prato infantil, é de 10 euros.
As persoas que desexen colaborar con esta Asociación, en favor das 91 familias sen recursos poden comprar boletos para a mesa cero, por 5 euros.
As entradas para asistir a este xantar, ou para colaborar coa mesa cero, están a súa disposición nos seguintes locais:
- Frutería A Eira (Tui. Rúa Lugo, 5. Teléfono 690 694 819.
- Cafetería El Pilar (Tui). Casal Aboi, 7. Teléfono 986 601 075.
- Panaderia El Rollo. Avda Concordia, 53. Teléfono 986
- 602 377.
- Cafetería Boby. Rúa Ordóñez, 3. Teléfono 986 602 110.
- Edificio da antiga aduana os luns e xoves, de 11:00 a 13:00 h.
- Abanca, La Caixa e Banco Popular (en Tomiño).
- Panadería Currás. Currás (Tomiño).
- Alimentación Quinteiro (Amorín).
- Balneario de Caldelas de Tui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario