14 de xul. de 2014

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA INFORMACIÓN CO GRUPO DE GRUPO SOBOR DOS SERVICIOS DE ASESORÍA XURÍDICA O CONCELLO DE A GUARDA 

   Infogauda / A Guarda


   No exercicio da súa labor como concellera, Beatriz Estévez Álvarez, do Grupo Municipal Converxencia Galega ven de presentar no Rexistro de Entradas do Concello de A Guarda, o seguinte escrito:


       En data do 11 de octubro do 2.013 e co Rexistro de Entrada nº 5535 presentamos un escrito dirixido o Sr. Alcalde, Secretaria, Interventora, Tesoreira, do Concello, que textualmente dí:

       Cada pouco atopamos Decretos e notificacións de pagos a Despachos de Avogados por representación do Concello de A Guarda en distintos e diversos pleitos en distintas instancias, fundamentalmente dos letrados Sres. Carlos Potel Lesquereux e Carlos Potel Alvarellos.

Diante desta situación, e diante dunha serie de dúbidas solicitamos o informe pertinente aos Departamentos de Intervención, Tesorería e Secretaría do Concello de A Guarda:

1º).- A cargo de que partida presupostaria van os cargos  a percibir por estes  profesionais do Dereito? ¿Hay suficiencia de  crédito nos Presupostos Municipais? Isto xurde porque en ninguén  Decreto da Alcaldía, cada vez que o nomean, non aparece reflexada a Partida como indica a Lei Xeral Presupostaria  (Lei 47/2003)

2º).- Dado que non se menciona a Partida Presupostaria que reclamamos no apartado anterior, poderíamos atoparnos, dacordo co Artígo 32 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público, nun caso de alegalidade

3º).- Existe algún Contrato a amparo do Artígo 279 da Lei 30/2007 do Contratos do Sector Público sobre a prestación do Servicio de Asesoría Xurídica?

4º).- En caso de existir, solicitamos copia de dito contrato de Asistencia Xurídica por parte dos letrados de referencia.

5º).- En que partida presupostaria se sinala o crédito deste contrato?

6º).- Qué expediente tramitado ampara a formalización do Contrato de Prestación do Servicio de Defensa Xurídica?

Tendo  en conta que se inclumple os plazos sinalados pola Lei para dar resposta os Grupos Municipais, dende Converxencia Galega, vimos a reiterar a nosa solicitude.



A Guarda, a 03 de Xullo do 2.014     





     Beatriz Estévez Álvarez
Concelleira de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sr/a Secretaria/o
Sr/a. Interventora/o
Sr/a. Tesoreira/o
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario