INTERPELACIÓN DE CONVERXENCIA GALEGA O GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE A GUARDA
CÁNTO LEVAREMOS RECAUDADO POR SANCIÓNS DE LIXO?
Nos últimos tempos, nas visitas que temos realizado os terreos donde se debería instalar a Zona Industrial de A Guarda-O Rosal, convertido en vertedoiro incontrolado, por moito que o Sr. Alcalde de A Guarda se moleste cada vez que facemos a queixa a Medio Ambiente, xa que a maioría das veces, remata sancionado o noso Concello por permitir que se vertan entullos de todo tipo nestes terreos, (material de obra, herbas, plásticos de todo tipo, etc).
Non sabemos que tipo de control está tomando o Concelleiro Delegado-Liberado para que non se sigan levando a cabo estes vertidos, ainda que o Sr. Alcalde se queixe de que o lixo somentes o verten na parte que corresponde o Concello de O Rosal.
Cando os veciños, dan as súas queixas as Autoridades, poden obter varias respostas, silencio absoluto e que todo siga como estaba, a colocación dún cartel prohibindo os vertidos, sin ningún tipo de control ou vixilancia, e a máis practicada, é cando se acumulan moitas reclamacións, mandan unha pala para que “abra de novo os camiños” ou espalle e enterre o máis voluminoso.
En moitas ocasións, según sexa a dirección do vento, hai días que nalgunhas vivendas é todo un sacrificio ter as ventanas abertas, pois entre o cheiro e os exércitos de moscas, a invansión pode ser de “película”. E iso, que os da parte do Concello de A Guarda, teñen entre os séus veciños o Concelleiro “responsable e liberado” de LIMPEZA. ¡¡Co soldo que lle pagamos entre todos, debería empezar a facer algo, e arranxar este problema dos séus veciños máis próximos!!
Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu”
Responsable Local de Converxencia Galega
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Servicios
Concello de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario