7 de xul. de 2014

A GUARDA


XIII Rock Guardés 

Sábado 12 de xullo, na carpa do porto de A Guarda


Alberto Álvarez / A Guarda

  Chega a XIII edición do Rock Guardés, desta vez volverá a celebrarse en sábado, o día 12 de xullo coma sempre na carpa do Porto da Guarda dende as 21:00h. con gran ambiente musical, postos de merchandising e barra de bebidas.

 Despois de trece anos o xa consolidado festival dará a oportunidade saltar o escenario a novas bandas da vila xunto con algunha banda veciña que de boa gana montarán unha gran festa.

 Horario das actuacións para esta edición:

22:30h. | The Javi Bombín Experience
23:30h. | Looking Forward to Freedom
00:30h. | Jean Paul
01:30h. | Helen & Shanna
02:30h. | AVE
03:30h. | Asegún
04:30h. | Terader

Festival organizado polas Festas do Carme 2014 e éxfico clothing.

Ningún comentario:

Publicar un comentario