VALENTÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ: O EXEMPLO DE UN GUARDÉS QUE NON SE RESIGNA
Está afectado por unha discapacidade severa que lle impide camiñar, agravada pola existencia de barreiras arquitectónicas nas inmediacions da súa vivenda
O própio afectado e súa familia, levan tres anos solicitando do Goberno Municipal do Concello de A Guarda unha solución á súa problemática
Lona co lema ESTOY ENCERRADO e á imaxe de Valentín González González nunha cadeira de rodas, a carón dunha barreira arquitectónica - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
En vista do nulo interese que algúns demostran diante de algúns problemas que sendo solucionables técnicamente, semella que non hai o que debería haber para pórlle remedio á unha problemática que afecta directamente á un veciño e á súa familia máis directa; tivo que ser, unha vez máis, esa mesma familia, a que dera un novo paso para tentar de conquerir á ansiada supresión das actuais barreiras arquitectónicas existentes nas inmediacions da vivenda de Valentín González González, afectado por unha discapacidade severa que lle impide camiñar.
A familia de Valentín González González recrama á execución de unha rampla que lle permita acceder á súa vivenda e que lle facilite á entrada a ambulancia para seus traslados habituais o hospital de referencia.
Como por parte dos representantes do grupo municipal de goberno do concello de A Guarda semella que atopan máis atrancos cos realmente existentes, non por iso á familia de Valentín González González tira á toalla, senón todo o contrario. A proba témola na lona de grandes dimensions que colocaron na fachada de un inmoble ubicado na intersección das rúas Ireira e Tío Binito, na vila de A Guarda, xustamente por onde pasan a diario algúns dos membros do executivo municipal de A Guarda. Na devandita lona, na cal se reproduce unha imaxe do veciño afectado, sentado nunha cadeira de rodas, pódese ler: ESTOY ENCERRADO.
Esas dúas verbas constitúen a denuncia pública de unha situación que baixo ningún concepto debera producirse, pero o certo e que é unha realidade. Que no século XXI sigan dándose ese tipo de situacións de limitacións de movilidade ben a demostrar que en algúns casos, ás normativas aplicables son para algúns "papel mollado". E aínda así, non dubidan en proclamar súa "(...) censura a calquer uso populista o demagóxico (...)".
Desde Infogauda suxerímoslles a algúns que se deixen de lerias e que poñan tódolos medios posibles para resolver á problemática existente. Iso e o que teñen que facer.
HEMEROTECA DE NOVAS RELACIONADAS
O xulgado obriga o Concello da Guarda a eliminar as barreiras arquitectónicas da rúa dun discapacitado
O Concello de A Guarda deberá garantirlle a igualdade de oportunidades, e non discriminación por incapacidade física e accesibilidade universal de Valentín González González, veciño da Rúa Baixo Muro, e por elo deberá elaborar i executar o correspondente proxecto ou programa de accesibilidade ou axuda, de acordo coa normativa vixente nesta materia. Ese é, en síntese, o Fallo da Sentenza 56/14, de data 28 de marzo de 2014, dictado polo Xulgado Contencioso Administrativo número un de Pontevedra. Contra esa resolución cabe interpoñer recurso de apelación.
A referida sentencia ten relación directa cos autos de Procedemento Ordinario nº 214/2013 promovidos a instancia de María Teresa González Lomba, representada e asistida pola Letrada Andrea Rodríguez Vicente contra o Concello de A Guarda, representado e asistido polo Letrado Marcos Cabadas Avión.
A lona coa imaxe de Valentín González González está ubicada nún lugar ben visíbel, na intersección da Rúa Ireira coa Rúa Tío Binito, na vila de A Guarda, por onde pasan a cotío algúns membros do Grupo Municipal de Goberno do Concello guardés - Foto: Infogauda
Sr. Alcalde, vostede minte máis que fala
Despois de haber aparecido nos diversos medios de comunicación a súa resposta sobre a SENTENCIA 56/14 pola que a Xuiz condena ao Concello de A Guarda a levar a cabo as diversas obras necesarias para facilitar a integración e igualdade de oportunidades e non discriminación por incapacidade física e accesibilidade universal de meu pai VALENTÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, debendo para elo elaborar e executar o correspondente proxecto ou programa de accesibilidade ou axuda dacordo ca normativa vixente nesta materia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario