A DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA INVISTE 1 MILLÓN DE EUROS EN SEIS PROGRAMAS DE PARTICIPACIÓN SOCIAL
NOS QUE O ANO PASADO TOMARON PARTE 35.630 PERSONAS E SE IMPARTIRON 619 CURSOS
A
Deputación de Pontevedra presentou hoxe seis programas de Participación Social
para este ano de 2014 que contan cun presuposto para o seu desenvolvemento de
1.064.700 euros. Os programas presentados son os de Pensa en Ti (mulleres), Ti
taméncontas (maiores), Coidarte e Saúde e Benestar (pensionistas e personas con
necesidade de respiro familiar), Actívate (xoves) e Coñece a túa provincia
(entidades de iniciativa social).
A
deputada Marta Iglesias informou hoxe en rolda de prensa que o pasado ano de 2013 participaron nestesmesmos
programas un total de 35.630 personas e impartironse 619 cursos.
Pensa en ti vai dirixido
a asociacións de mulleres e entidades que traballan na mesma área. Busca fomentar e mellorar a calidade de vida das personas, favorecendo as
súas relacións sociais e a participación no seu entorno, evitando situacións de
illamento e soidade. Imparte talleres de 30 horas repartidas en dúas horas á semana e
cada entidads poderá escoller un taller do catálogo ofertado. Tén un presuposto
de 329.000
€. O prazo para asociaciónsxa está rematado e xafoi aprobada a solicitude de
participación de 397 asociacións. Para personas non asociadas interesadas en
participar nos talleres o prazo remata o 22 de agosto, sempre que haxaprazas. A
Deputación subvenciona docentes, materiais, seguros, etc. e os participantes
deben abonar 6 euros cada un. No 2013 participaron en Pensa en Ti 5.367
personas nos seus 352 talleres.
O
programa Ti tamén contas é para
asociacións de maiores. Os seusobxectivos son similares aos de Pensa en Ti.
Ofrece talleres de 30 horas repartidos en dúas horas á semana. O seu presuposto é
de 200.000
€ e foi aprobada a solicitude de 211 asociacións. As personas non asociadas que
desexen participar poden solicitalo ata o 22 de agosto, sempre que haxaprazas
vacantes. A Deputacióntamén subvenciona docentes, materiais, seguros, etc e os
participantes abonan 6 euros por persona. No 2013 participaron 3.193 personas,
con 197 talleres.
O
programa Coidarte tén como
beneficiarios a pensionistas, xentes con necesidade de
respiro familiar ou nacidos antes de 1964. Busca fomentar e mellorar a calidade
de vida das personas e tamén impulsar a creación e mantemento dol emprego no
sector turístico en temporada baixa. Os participantes disfrutarán de cinco
tardes (de luns a venres) no balneario seleccionado, facendo uso das súas
instalacións perante perante unha media de dúas horas cada día. Coidarte tén un
presuposto de 105.000 € para 3.000 prazas. Os prazos para optar a él son
do 3 ao 3 de xuño para que se adhiran os concellos, e do 24 de xuñoao 23 de
xullo para as solicitudes dos participantes. A Deputación subvenciona 35 euros
por praza, os concellos adheridos 10 euros por praza e o resto, a cargo dos
participantes. Os balnearios nos que se
desenvolverá Coidarte son os de Termas de Cuntis (71 €),
Hesperia Illa da Toxa (70 €), Mondariz (67 €), Talaso Atlántico de Oia
(64 €), Talaso Spa Moaña (50 €), Spa Norat do Grove (30 €) e Spa Torre do Deza
de Lalín (19 euros). O ano pasado participaron neste programa 1.519
personas.
Saúde e Benestar tamén é
para pensionistas,
necesitados de respiro familiar ou nacidos antes de 1964. Tén similares
obxectivos que o anterior e ofrece unha estanza de seis días e cinco noites nun
spa ou talaso en réxime de pensión completa,
uso de instalacións termais e actividades de animación, revisión médica,
excursións, etc. O seu presuposto é de 90.000 € (3.000 plazas). Os
prazos de solicitude dos participantes son do 3 de xuño ata o 2 de xullo. A
Deputación subvenciona con 30 euros a praza. Os establecementostermais
participantes son TalasoLouxo a Toxa (215 €), Balneario Hesperia Illa da Toxa ( 210 €),
Talaso Atlántico de Oia: 205 €, Gran Talaso de Sanxenxo: 205 €, Spa Carlos I de
Sanxenxo: 195 €, Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 190 €, Spa Norat do Grove: 170 €,
Spa ViaArgentum de Silleda: 155 €, Spa NaninPlaya de Sanxenxo: 155 €. O ano
pasado participaron un total de 2.403 personas.
O
programa Actívate é para xoves de 16
a 35 años de idade. Propón actividades formativas e
educativas no ámbeto do ocio e o tempo libre que sexan de interés xuvenil e
respondan ás demandas dos xoves, potenciando movimentos de participación
e cooperación social, mellora da formación básica, espazos de encontró e
intercambio. Ofrece talleres de 40 horas repartidas en dúas horas á semana e cada concello
poderá escoller un curso do catálogo ofertado. Tén un presuposto de 102.200
euros. Os concellos poden adherirse ata o
16 de xuño e os solicitantes, antes do 15 de setembro. A Deputación
subvenciona a totalidade do taller. O ano pasado participaron 1.148 personas e
desenvolveronse 70 cursos.
Finalmente,
Coñece a túa provincia vai destinado
a entidades de iniciativa social da provincia. Oferta
un mínimo de doce rutas referidas a lugares emblemáticos da provincia.
Inclúe traslado en autocar de ida e
volta dende os concellos, a visita guiada por un guía de turismo
especializado e a comida. Tén un
presuposto de 238.500 euros e está pendente de abrirse a convocatoria. No ano
2013 participaron 22.000 personas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario