30 de xuño de 2014

O ROSAL

PACO VILLA, ARTESÁN DA PEDRA DO PAÍS EXPÓN NA SÚA FINCA DE CASELAS

A mostra pode visitarse ata o vindeiro día 22 de xullo


Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal

 Ata o vindeiro día 22 de xullo, tódalas persoas que o desexen, poden achegarse ata á eira e finca de Paco Villa, en Caselas (preto do convento das Carmelitas Descalzas), para poder ademirar in situ á labor deste artesán da pedra do país.

  Por razóns de operatividade, o autor recomenda que ás visitas teñan lugar logo das 17:00 horas, e a poder ser, chamando previamente o teléfono: 660 886 497.

Paco Villa, en plena labor - Foto: Asociación Mestura

  Paco Villa traballa á pedra coa mesma técnica que os vellos canteiros, e decir, a base de maceta e cincel. A esa modesta utillaxe, engádelle súa creatividade, combinada coa inspiración dos nosos devanceiros, os habitantes dos castros da vella Gallaecia. O resultado e unha diversidade de obras que nos amosan circos solares, swásticas, trisqueles, serpes,..., motivos todos eles, carregados de simbolismo, maxia e forza telúrica.  

  Ninguén que sinta ademiración pola tradición galega do traballo na pedra, debera deixar pasar esta oportunidade de visitar a finca de Paco Villa, porque con certeza van a disfroitar coa súa Arte. Con maiúsculas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario